Filtrer par genre
- 97 - Libros (I)
Esta semana celebramos o Día das Letras acompañadas da escritora Pati Janeiro, a nosa serióloga de confianza.
Rosmamos sobre as lecturas obrigadas dos institutos, sobre os señores que presumen de que tiveron que ler a Otero Pedrayo en 4º de EXB e de clásicos que non se revisan desde a Lei de Villar Palasí.
Repasamos os libros en novos formatos -audiolibros, libros electrónicos e outras maneiras de ler- ademais de toda a competencia que teñen os libros tradicionais no lecer das novas xeracións e pescudamos as cifras detrás dos laios de que agora xa son publicadas autoras.
Coma sempre, non mordemos a lingua coas nosas opinións: somos coma un libro aberto!
Thu, 16 May 2024 - 1h 17min - 96 - Núas
No episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal).
Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo.
Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica?
Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales son os novos desafíos aos que ten que enfrotarse este colectivo?
Descubrídeo neste novo episodio das Womansplainers!
Thu, 09 May 2024 - 1h 33min - 95 - Alcohol
No episodio máis recente das Womansplainers abordamos o mundo da cultura do alcohol. Discutimos os impactos que esta substancia ten na nosa sociedade e como está tan integrada ata o punto de ela ser un cohesionador social. A liberdade é realmente poder tomar unhas cañas nunha terraza tal como nola pinta certo sector político? As persoas deciden libremente beber? E que acontece con aquelas que non beben?
Con un ton descontraído e sen queríamos ditar moral, convidámosvos a unha reflexión sobre a vosa propria relación co alcohol.
Thu, 25 Apr 2024 - 1h 13min - 94 - Tabaco
Pasou case un mes sen episodio das Womansplainers! Esperamos que ao contrario que a Sara Montiel non nos agardasedes fumando.
E é que desde 1990, as mortes por cancro de pulmón en mulleres se multiplicaron por catro. Con estas cifras sobre a mesa, por que é que a xente continúa a fumar ou por que comeza a facelo? E que peso teñen os vapers no achegamento da infancia e da adolescencia ao tabaco?
Adoitan dicir que agora as mulleres fuman máis que os homes. Canto hai de verdade nesta afirmación? Como é a fenda de consumo por xénero e por idades? E levan algo de razón os que contan que xa deixou de sentirse o efecto da Lei do Tabaco?
Falamos de aulas cheas de fume, de volver á casa -ou incluso saír xa dela- cheirando a fume, de adicción, de pracer e das nosas dicas sobre música, libros e filmes ao redor do tabaco.
Thu, 11 Apr 2024 - 1h 08min - 93 - Bicos
Sobre bicos hai moito escrito, mais cal é a orixe etimolóxica desta palabra? Dende cando e por que nos bicamos os seres humanos? Facemos un percorrido pola historia dos bicos nas diferentes culturas da man de Laura Veiga, xornalista, divulgadora menstrual e sexóloga.
Tamén falamos sobre bicos e normas sociais. Sodes das que vos sentíchedes agradecidas de que durante a pandemia xa non houbese que dar dou bicos para saudar? Que consecuencias pode ter para as crianzas forzalas a bicar a persoas cando non queren?
Finalmente, deixámosvos as nosas dicas preferidas e falamos das nosas escenas favoritas de bicos na ficción. Cales son as vosas?
Thu, 14 Mar 2024 - 57min - 92 - Discapacidades
Neste episodio das Womansplainers abordamos o tema da discapacidade. Exploramos este asunto desde varias ópticas coa mellor convidada posible: Carmen Santos Queiruga. Coa súa experiencia persoal e a súa franqueza, percibimos os desafíos da vivencia da discapacidade. Que camiños pode tomar a sociedade para chegar a unha inclusión efectiva? Hai discapacidades máis invisibles? Temos medos coas etiquetas?
Thu, 29 Feb 2024 - 1h 36min - 91 - Traballo cultural
Hai quen afirma que non se pode vivir dos libros no noso país, especialmente se quen escribe o fai en galego, mais neste episodio preguntámoslle como o fai a alguén que o consegue con arte e recoñecemento desde hai un par de décadas: a última galardoada co Premio Nacional de Poesía, Yolanda Castaño. No ronsel de Virginia Woolf, reflexionamos sobre as interseccións de clase, xénero e creación artística, sobre a necesidade dun espazo propio e sobre a dificultade de esixir o máis básico a cambio do propio labor: diñeiro. Discutimos ademais as consecuencias da precariedade material de artistas e escritoras e das necesidades de adaptarse ao público, de pluriempregarse e de probar novos oficios nesta fase do capitalismo. Por último dámosvos, como en cada episodio, unhas cantas dicas, entre as cales non pode faltar o último ensaio de Yolanda Castaño, "Economía e poesía: rimas internas", que chegará ás librarías na primavera.
Thu, 15 Feb 2024 - 1h 09min - 90 - Ecoloxismo
Dende o desastre ecolóxico do Prestige ata o actual desastre dos pellets pasaron moitos anos, pero poucas cousas cambiaron en canto á xestión destes sucesos. Co uso das redes sociais, estas novas espállanse rapidamente, mais as responsabilidades e as medidas de actuación tardan tanto coma sempre en seren tomadas.
No episodio desta semana, acompañadas por Sarai,”bióloga de bota e non de bata”, falamos das responsabilidades individuais e colectivas que temos para co noso planeta. Podemos reciclar na casa, pero se para 2024 vai zarpar o cruceiro máis grande e contaminante do mundo, parece que non serve de moito.
Debatimos de como é necesario cambiar o concepto de “bo tempo”, de como a crise climática é tamén unha cuestión de clase e de que afirmar que sobran seres humanos no planeta vai da man do ecofascismo.
Por suposto, non podíamos rematar o episodio sen a sección favorita da Saboridinha: as dicas. Se queres descubrir cales son, acompáñanos ata o final nesta viaxe 100% ecolóxica e con mínima pegada de carbono!
Sat, 03 Feb 2024 - 1h 11min - 89 - Móbiles II
Son as relacións a través do móbil menos reais? Empeoran os smartphones a nosa saúde mental ou tamén poden axudar a mellorala? Hai algunha maneira de que todas as xestións administrativas e financeiras a través de apps non deixen fóra a xente de máis idade? Non será que tamén as máis mozas prefiren un ordenador a un móbil cando hai que facer cousa seria?
Todas estas preguntas e, coma sempre, as nosas dicas culturais, noutro episodio máis con Antía Cid.
Sat, 20 Jan 2024 - 1h 09min - 88 - Móbiles
Íamos explicar isto todo cun audio de whatsapp, pero decidimos finalmente facer un episodio sobre isto. Neste último programa exploramos como os dispositivos móbiles moldan as nosas vidas dependendo da xeración á cal pertenzamos. Evidentemente, falamos do “último” protocolo educativo ou de como os máis vellos enfrontan desafíos ao se adaptaren á tecnoloxía moderna.
O enfoque máis psicolóxico ou cognitivo non “quedou en visto”. Conversamos sobre o impacto dos smartphones na saúde mental, explorando como a constante exposición a estímulos afecta á nosa autoestima, percepción e capacidade de concentración.
Tedes varias notificacións por abrir e unha delas di que escoitedes este episodio.
Thu, 11 Jan 2024 - 1h 08min - 87 - Rural
Esta semana, as Womansplainers imos á aldea para falar do RURAL con Paki Vaizela.
Falamos con ela da romantización das aldeas por parte de quen non vive nelas e de como medrou está tendencia, especialmente desde o grande confinamento.
Intentamos definir que é o rural, quen vive nel, por que perde cada vez máis poboación e, especificamente, que problemas temos asmulleres para quedar nel.
Tamén dedicamos varias cuestións á relación do rural coa nosa construción identitaria: Son as galegas menos galegas se non son de aldea ou se -deus non o permita!- nin sequera teñen aldea? E hai que ir á aldea para aprender a falar galego? Por que nunca falamos do mar cando falamos do rural?
Todo isto e moitas dicas culturais no noso episodio de hoxe!
Thu, 28 Dec 2023 - 1h 17min - 86 - Reformas
No episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma. Cal é a diferenza entre reformar e rehabilitar? Que partes dunha casa paga máis a pena reformar? Cales son os SIS e os NONS á hora de facer unha reforma? Falamos de burocracia, da evolución dos estilos decorativos nos últimos anos e da falta de referentes de mulleres arranxando cousas. Se queres coñecer cal é o estilo "Remordimiento español" e, por suposto, as nosas dicas favoritas, non perdas detalle das womansreformas!
Thu, 14 Dec 2023 - 1h 17min - 85 - Marcas
As Womansplainers mergullámonos no fondo do mundo das marcas neste episodio libre de patrocinios. Exploramos desde o seu poder de influencia ata os segredos por tras dalgunhas marcas icónicas. Coa nosa abordaxe particular, falamos de como as marcas tamén moldan a nosa cultura e percepción, así como do noso relacionamento con elas.
Este é un episodio sobre cuestións do noso cotián, que esperamos que vos resulte entretido e…marcante.
Thu, 30 Nov 2023 - 1h 16min - 84 - BonecasThu, 16 Nov 2023 - 1h 10min
- 83 - Rematou a tempadaFri, 21 Jul 2023 - 05min
- 82 - S03E25 - Verbenas
As Womansplainers xa estamos co modo verán activado e co comezo da nova estación empeza tamén a tempada de festas e verbenas. Odiadas por unhas e amadas por outras, pero gústennos ou non, parte do noso patrimonio cultural.
Houbo nos últimos anos unha recuperación das verbenas e das sesións vermú como forma de ocio? Que diferenzas atopamos entre as zonas urbanas e o rural?
A música tradicional galega semella que tamén ocupa un oco nas festas patronais de vilas, aldeas e barrios. Cambiou o xeito de facer música tradicional? Está relegada a un plano secundario e a días concretos das romarías, ou aumentou a súa presenza neste tipo de eventos?
Por outra banda, a cuestión de xénero está presente en todos os ámbitos das nosas vida e no caso das verbenas non ía ser diferente. Falamos do rol que representan as mulleres nas orquestras e hipersexualización.
Outro tema estrela que non podiamos deixar fóra é o da xente que está detrás da organización das verbenas: as comisións de festas. Como é no voso concello? Sórtease e a quen lle toca pringar, pringa? Apúntase quen quere? Pagades cota?
Tamén falamos sobre o odio ás verbenas como forma de superioridade moral, a precariedade laboral das músicas, a presenza do noso idioma nestes espazos e moito máis.
Agardámosvos na sesión vermú Womansplainer, non faltedes que pasamos lista!
Thu, 29 Jun 2023 - 1h 07min - 81 - S03E24 - ABAU
Como un bo Maxibon este episodio tamén ten dúas fases: recolle un antes e un despois de Celtia, unha rapaza que nestes días se someteu ás probas da ABAU. Con ela abordamos cuestións como a de se ten sentido aínda facermos estes exames cada ano ou se facemos isto porque non demos con outras opcións.
2º de Bach é un curso que se centra, as máis das veces, no obxectivo de ir ás ABAU, pero é certo que hai alumnado que non está nestas miras. Como podemos harmonizar todo?
Outro asunto importante é a trasparencia destes exames e o desnivel que se detecta entre as notas do bacharelato e as notas destas probas.
Escoitade este episodio porque nel comentamos con Celtia de maneira integral as nuances deste grande exame, o decisivo que sempre nos parece e a desigualdade que supón ás veces.
Thu, 15 Jun 2023 - 1h 28min - 80 - S03E23 - Televisión
Como cambiou a nosa maneira de ver a televisión no s.XXI? Son os realities unha forma superior da realidade, como as ideas son ás sombras na caverna de Platón? Quen ve a televisión en 2023 e por que a vemos cada vez menos? Na compaña de Marta Pérez Pereiro, profesora de Cultura Audiovisual, intentamos dar resposta a estas e outras preguntas.
Das antenas parabólicas ás plataformas de streaming, dos programas de información á ficción autoconsciente, da paciencia da carta de axuste ao binge-watching de Netflix -non cambien de canle, porque comezan As Womansplainers!
Thu, 01 Jun 2023 - 1h 21min - 79 - S03E22 - Intelixencia Artificial
No episodio desta semana acompáñanos a Aida, enxeñeira informática especializada en computación e investigadora de novas tecnoloxías de realidade extendida.
A presenza das mulleres no ámbito da tecnoloxía e da enxeñería continúa a ser moi escasa. A pesar disto, contamos con varias referentes no mundo da informática que realizaron importantes achegas que nos gustaría dar a coñecer.
Por outra banda, Aida explícanos "for dummies" que son as intelixencias artificiais (IA) e que tipos de IA existen.
A aparición das IA supuxo un importante avance tecnolóxico que nos facilita a vida e que xa está presente en moitos ámbitos de uso diario: asistentes virtuais, redes sociais, coches autónomos, ciberseguridade...
Mais cales son os perigos do mal uso das IA? Falamos dos nesgos á hora da súa programación, dos "deep fake", de arte roubada, de estudantes que copian (mal) e de cara a onde debería dirixirse a lexislación nestes asuntos.
Se queredes coñecer máis detalles sobre este tema, acompañádenos no episodio desta semana da man da intelixencia natural da Aida e as Womansplainers!
Thu, 18 May 2023 - 1h 10min - 78 - S03E21 - Música
No podcast desta semana discutimos con MJ Pérez sobre os desafíos específicos que as mulleres encaran ao ingresar no mundo da música, especialmente num contexto como o galego. Destacamos a desigualdade e a falta de representación feminina na industria e festivais, alén da escasa visibilidade que reciben os proxectos musicais con mulleres.
Por outra parte, tamén falamos do fenómeno fan e como iso pode afectar a maneira en que as mulleres somos vistas no panorama musical. Existen prexuízos que operan e que fan que as creadoras musicais sexan frecuentemente tomadas pouco en serio ou infantilizadas.
Que medidas habería que adoptar para equilibrarmos isto? Como sempre, non solucionamos o mundo, pero falamos dabondo. Dade ouvidos ao noso programa!
Fri, 05 May 2023 - 50min - 77 - S03E20 - Bibliotecas
Ser bibliotecaria é o traballo soñado de moitas rapazas e por iso convidamos a Cris García, unha "rock-and-roll librarian", a que nos explique algúns segredos da súa profesión.
A nosa convidada contounos que hai que facer para converterse en bibliotecaria, por que a xente segue a visitar as bibliotecas nuns tempos en que moitas persoas xa teñen bastantes libros sen ler na propia casa (ti tamén, non finxas que isto non vai contigo!) ou como cambiou a pandemia a vida nas bibliotecas.
Quen non entrou algunha vez nunha biblioteca porque na rúa facía moito frío ou moita calor? Quen non levou alí as súas crianzas nunha tarde de chuvia? Quen non namorou (ou quen non o intentou polo menos) nunha biblioteca universitaria?
Contacontos, clubes de lectura, os libros preferidos da terceira idade, unha womansplainer que quedou encerrada nunha biblioteca e moitas dicas culturais.
Shhhhhhh... comeza o episodio!
Thu, 20 Apr 2023 - 1h 31min - 76 - S03E19 - Series (II)
E falando de series, non iamos quedar sen opinar sobre as do país. Fará algún día a TVG novas series que non teñan que ver coa Garda Civil?! A pesar da tendencia actual, series con temas totalmente diferentes que marcaron a toda unha xeración de galegas, pouco teñen que ver con esta temática. Por outra banda, que acontece coas series españolas e que dinámicas son as que seguen de xeito habitual? Aínda que houbo avances moitas das series de moda non pasarían o test de Bechdel. Cambiaron nas series o tipo de papeis con protagonistas femininas? Que ocorre coa diversidade e a inclusión? Para rematar, compartimos convosco as recomendacións das nosas series favoritas. Toma nota!
Sun, 09 Apr 2023 - 46min - 75 - S03E18 - Series
O xeito no que vemos as series cambiou moito nos últimos anos. De ter que agardar impacientemente a que saíse o novo capítulo semanal da nosa serie favorita, pasamos a poder facer maratóns de tempadas ou mesmo series completas nun só día. Como cambiou a forma de narrar a consecuencia disto? Significa máis oferta mellor calidade? Implica que rematou a Idade de Ouro da Ficción Televisiva? As redes sociais tamén trouxeron con elas un novo xeito de ver series en común, creando comunidade arredor delas. Corremos o risco de ler algún spoiler, pero tamén podemos comentar a nosa serie favorita con outras fans. Coa gran cantidade de plataformas de series dispoñibles na actualiade semellaba que xa estaba todo inventado. Porén, a polémica está servida: causarán os aumentos de prezos de certa plataforma o novo auxe da piratería? Que opinamos sobre isto? Non perdas o novo episodio (dobre!) das Womansplainers, a vosa serie de referencia onde as señoras opinamos de cousas.
Thu, 06 Apr 2023 - 1h 03min - 74 - S03E17 - Haters
No episodio desta semana falamos con Malva sobre o fenómeno hater. Tentamos analizar os comportamentos desas persoas que espallan odio e negatividade nas redes, pondo todo en contexto e discutindo sobre se este é un fenómeno novo. Son os haters un marcador de éxito ou isto só axuda a crear máis toxicidade en redes? Fomos nós esa hater algunha vez? Este programa contén dicas culturais e tamén un decálogo de supervivencia.
Thu, 23 Mar 2023 - 1h 27min - 73 - S03E16 - #8M Celebración?
É o #8M un día de protesta ou de celebración? Pode ser as dúas cousas? 6 anos despois da primeira folga xeral laboral feminista e tres anos despois de que a dereita acusase o 8M de provocar unha pandemia no Estado español, as Womansplainers repasamos as actividades ao redor do Día Internacional da Muller Traballadora. Batukadas e gaitas, manifestantes transexcluíntes e a Santa Compaña das defuntas célebres son algunhas das cousas que nos amolan no mes de marzo. Tamén hai institucións que o fan ben e temos, naturalmente, algúns consellos sobre o que poden (non) facer o 8M os señoros en vías de rehabilitación.
Wed, 08 Mar 2023 - 1h 19min - 72 - S03E15 - Heroes
Que é un heroe? É diferente o concepto do heroe clásico do que temos na actualidade? Están a desaparecer os heroes?
Semella que na cultura galega carecemos destas figuras na súa definición clásica, pode que substituídas pola abundante presencia de mártires. A que se debe isto?
No episodio desta semana, acompañadas pola Rita, falamos tamén dos nosos heroes favoritos e das súas historias. Cales son os teus?
Finalmente, como é habitual, ofrecémosvos as nosas discas culturais preferidas.
As túas heroínas podcasteiras agardámoste!
Thu, 23 Feb 2023 - 1h 45min - 71 - S03E14 - A idade baixo sospeita (II)
Erraba Castelao afirmando que "Os vellos non deben de namorarse"? Por que ofende tanto que Madonna queira ensinar as tetas ou que as teña ou non operadas? Na segunda parte de A IDADE BAIXO SOSPEITA seguimos a discutir con Teresa Moure o rexeitamento que producen o erotismo e o desexo das persoas máis vellas e das máis novas, a sospeita permanente que sofren as relacións de parella con asimetrías de idade e as mecánicas incel en que caemos as propias mulleres cando sentimos que deixamos de ser percibidas como desexábeis.
Tamén tematizamos a desigualdade do reparto da riqueza por grupos de idade e da discriminación etaria no ámbito laboral, tanto ao entrarmos no mercado e sermos novos de máis, como ao termos unha carreira máis longa e sermos percibidos como "sobrantes".
Todos estes temas e unha chea de dicas culturais, como cada semana, nas Womansplainers!
Sun, 12 Feb 2023 - 57min - 70 - S03E13 - A idade baixo sospeita (I)
Que é a idade? Que significa e por que hai a quen lle importa tanto? Esta semana discutimos estas preguntas coa lingüista e escritora Teresa Moure co gallo da publicación do seu novo libro "La edad bajo sospecha. Una crítica al edadismo y a las edadofobias".
Poñemos o foco tamén sobre os termos que empregamos para referirnos ás persoas segundo a etapa da vida en que se encontran e sobre a propia necesidade de marcamos límites para definir esas etapas. Ilustramos as diferenzas entre idade biolóxica e idade sentida e desabrochamos os corsés de todas as cousas que se consideran acaídas para unha idade ou outra.
Para as revellas, para os Peter Pans, para as que beberon da fonte da eterna xuventude - velaquí un novo episodio das Womansplainers!
Thu, 09 Feb 2023 - 56min - 69 - S03E12 - Cabelo
Neste episodio falamos sobre o cabelo entrecruzando este concepto con asuntos históricos e sociais. Nós sabemos que o cabelo non é só un adorno: é unha forma de expresión, de identidade e, ás veces, de autoestima.
A sociedade aínda impón padróns ríxidos de beleza, especialmente para as mulleres racializadas e outras comunidades marxinalizadas. Xunto coa Paula Jorge exploraremos o poder por tras dos nosos cabelos.
Thu, 02 Feb 2023 - 1h 24min - 68 - S03E11 - Sociolingüística
As tías chulísimas podemos falar do que queiramos (con gheada ou sen ela) e por iso neste episodio, acompañadas da Vera, escollemos un tema que xera amor e odio a partes iguais: a sociolingüística.
Realmente evoluciona o idioma da man das falantes? As instiucións académicas chegan sempre tarde aos cambios lingüísticos xa presentes na sociedade? Ten utilidade o concepto de neofalante? Onde está a fina liña que separa o prescriptivismo e a corrección lingüística? Como tratan os programas de moda este problema?
Para escoitardes as nosas opinións fortes sobre todo isto e máis acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers!
Thu, 26 Jan 2023 - 1h 25min - 67 - S03E10 - Casas
Como viviamos e como vivimos hoxe? Por que cambiaron tanto as nosas vivendas e por que idealizamos a casa tradicional galega? De que falamos cando falamos de feísmo?
Acompañadas pola arquitecta María Novas repasamos as mudanzas nas vivendas, a desaparición das cociñas como corazón da casa onde se vive en comunidade, a aparición dos estudios e dos "tiny homes". Tamén despachamos a gusto contra os erros de deseño e as modas que menos nos gustan nas vivendas actuais: baños sen bidé, illas de cociña, pisos de "concepto aberto"... Pasade, señoras: a nosa casa é a vosa casa!
Thu, 19 Jan 2023 - 1h 38min - 66 - S03E09 - Fin de ano
Neste episodio falamos coa psicóloga e educadora Hadriana Ordóñez sobre a festa de Fin de Ano.
O dia 31 de decembro é unha data que case nos obriga a facer balances, sair de festa, ter boa disposición e plans para o ano seguinte. Pero… e se algún deses ingredientes falta?
Comentamos a nosa maneira de vivir e enfocar esta festividade con algún conselliño cultural polo medio. Podes oír o episodio entre brilli-brilli ou de chándal. Ti decides!
Thu, 29 Dec 2022 - 1h 33min - 65 - S03E08 - Agasallos
Por que facemos presentes? Que nos move a facelos e que sentimos ao recibilos?
Como podemos compatibilizar a ilusión das crianzas cunha moderación no consumismo nestas datas? Que consecuencias teñen as historias tradicionais de agasallos só para as crianzas que sexan guiadiñas?
Seguimos facendo agasallos "con xénero"?
Que acontece cando non gusta un presente? Como reaccionamos ou que
podemos facer con el? Cales foron os agasallos máis desexados ou máis ilusionantes da nosa infancia?
De todo isto falamos con Elisa Casal, coñecida polas súas gorentosas receitas do blogue Kukinhas.
Thu, 22 Dec 2022 - 1h 33min - 64 - S03E07 - Teorías da conspiración
Que son as teorías da conspiración? Existe un determinado perfil de persoa que tende a crer máis nelas? Habitan entre nós os reptilianos? Ou quizáis Hitler pasou pola Galiza na súa fuxida cara á Arxentina!
Para descubrir estes e outros misterios, acompáñanos neste novo e conspiranoico episodio das Womansplainers!
Imaxe do episodio de pch.vector en Freepik
Thu, 08 Dec 2022 - 1h 13min - 63 - S03E06 - Soidade
Oímos as vosas preces e neste episodio tratamos o tema da soidade, tanto daquela escollida que é pracerosa, como daquela outra imposta que impacta na saúde mental de tantas persoas. Debemos ter medo da soidade? Pode ser ela unha vantaxe? Como lidamos con algunhas das dificultades a ela asociadas? Escoitade este programa que fixemos con Alva Pico. Pode facervos compañía e levarvos a un lugar aconchegante.
Thu, 01 Dec 2022 - 1h 11min - 62 - S03E05 - Influencers
No episodio desta tarde volve a marabillosa Iris Gestoso para explicarnos as INFLUENCERS. 💁🏼♀️📱 Quen merece este nome? Cantos cartos moven ao ano? Son falabaratos ou hai traballo detrás deses cartos? Cal é a fórmula do seu éxito? Que prezo persoal teñen que pagar?
Thu, 24 Nov 2022 - 1h 16min - 61 - S03E04 - OutonoThu, 17 Nov 2022 - 1h 11min
- 60 - S03E03 - Raiñas
Quen se coroou a si mesma cun tocado de froitas tropicais e foi a primeira muller en ter unha estrela no paseo da fama? Quen foi a primeira persoa en facerse chamar "the queen of drag"? Que señora toleou o París dos tempos do Rei Sol coas súas dotes de espadachina? Neste novo episodio, as Womansplainers, acompañadas unha vez máis por Marta Veiga Izaguirre, falamos de RAÍÑAS de todos os tempos e clases sociais, reais e imaxinarias, vivas e mortas, nacidas na nobreza e na escravitude, que reinaron na noite e no papel de colorinchos.
Thu, 10 Nov 2022 - 1h 35min - 59 - S03E02 - SonoThu, 27 Oct 2022 - 1h 06min
- 58 - S03E01 - Amigas 👩🏾🤝👩🏻Thu, 20 Oct 2022 - 1h 43min
- 57 - S02E39 - C🥯O🦪N🌺A🐚S
Non sabemos se este foi un episodio íntimo (non debeu ser, porque foi un directo de Twitch) pero sí podemos afirmar que falamos dunha zona íntima. A cona é ese tema que até para quen escribe esta breve nota lle dá un certo pudor dactilografar, pero un final de temporada merece un asunto suculento e a verdade é que este levaba tempo a pairar. A actriz e comunicadora Neves Rodríguez e a xa coñecida divulgadora Laura Veiga axudaron a encher de contido e pareceres este programa. Como temos sempre unha visión didáctica e a nosa galeguidade é innegábel, comezamos o programa falando de marcos: onde comeza a cona e onde acaba? Que elementos forman parte dela? A seguir, vén unha revisión do uso deste concepto por parte dun certo feminismo. Por unha banda porque non concordamos no feito de nos vermos reducidas á nosa xenitalia ou que iso nos defina como mulleres; por outra, porque dentro do discurso galego iso parece fomentar a idea de que a nosa lingua só ten un único rexistro válido: o coloquial. O imaxinario colectivo fixo aparecer este órgano sexual nas cantigas medievais, en ditados populares, en boca de señoras que cantan no Luar ou até en figuras pétreas, quer sexa en igrexas, quer en gravuras rupestres. Analizamos todo este legado desde a nosa perspectiva, sen preterirmos tabús. Chegando case ao final, dedicamos parte do tempo a examinarmos os asuntos da estética e da hixiene denunciando todas as exixencias que a sociedade nos impón. Os últimos minutos tiñan que ser para un abrazo apertadiño, un deses que valen para devolver todo o cariño que recibimos durante estas temporadas. Dous brazos que se abren para recordar a todas as nosas colaboradoras, seguidoras e persoas que nos apoian. Continuamos despois do verán nas plataformas habituais e co patrocinio de Punto.gal
Mon, 04 Jul 2022 - 1h 45min - 56 - S02E38 - Liberdade de expresión 🗣
No episodio desta semana, patrocinado por PuntoGal, veu falar connosco a xornalista e deputada lucense Olalla Rodil.
E que mellor sitio que un podcast onde opinamos forte para falar sobre a liberdade de expresión? Definimos este concepto e falamos de cales son os seus límites. Como lle afecta a lexislación dos delitos de odio? Como cremos que se respeta a liberdade de expresión no estado español na comparativa con outros países? O auxe das redes sociais supuxo a aparición de novos elementos tanto perxudiciais coma beneficiosos para a liberdade de expresión. Como se pode actuar perante a aparición de bots que condicionan as nosas reaccións cos seus chíos? Como se frean os delitos cibernéticos realizados a través de contas anónimas e que criterio segue o algoritmo para suspender unhas contas e non outras? Por último, tratamos o tema da autocensura. Que dis e que non dis cando es unha figura pública? Como afectan as túas opinións á túa vida persoal?
Todo isto e máis no episodio desta semana, coma sempre, sen censura!
Thu, 16 Jun 2022 - 1h 19min - 55 - S02E37 - Gordofobia 2 🤰
Neste novo episodio co patrocinio de PuntoGal, contamos de novo coa presenza de Esther para seguir afondando nas manifestacións da gordofobia en diferentes eidos da sociedade e dos medios de comunicación. Revisamos os papeis e os tropos en que se ven encerradas as persoas gordas: case nunca protagonistas e poucas veces antagonistas, con frecuencia vense reducidas a seren o alivio cómico en historias máis dramáticas ou a amiga coitada e sen interese sexual nas historias románticas con protagonistas delgadas. Aos produtos audiovisuais clásicos, como os filmes e as series, súmanse agora -e con moito menos control- o Instagram e o TikTok cun exército de influencers dispostas a propor calquera desafío de adelgazamento co obxectivo de se faceren virais. Analizamos con estes exemplos os dobres raseiros que fan que as condutas que consideramos intuitivamente aberrantes en persoas con normopeso sexan aplaudidas en persoas con sobrepeso ou obesidade, poñendo a saúde física e mental por detrás do éxito social a través do aspecto. Tamén analizamos o paternalismo coas persoas gordas, que se manifesta tanto no trato cara a elas como na estigmatización de termos “gorda” e “gordura” e na necesidade de substituílas por eufemismos, tanto na nosa fala cotiá como na publicidade. Por último, propoñémosvos coma sempre algúns produtos culturais feitos por mulleres gordas e gostosas para o pracer de todas!
Thu, 09 Jun 2022 - 56min - 54 - S02E36 - Gordofobia🤰🏻
Falamos algunha vez no podcast de que a forma en como a sociedade nos ve repercute directamente na nosa propiocepción. E se a sociedade actual ten unha fobia á gordura esta aversión impacta no concepto que unha persoa gorda ten de si mesma, obviamente. Esta semana contamos co testemuño de Esther, que xa estivo connosco no episodio dos Casamentos. Falounos desde unha perspectiva vital, mais tamén contando co saber da súa profesión como médica. Sendo así, comezamos por cuestións técnicas e nominais: o que é ser unha persoa gorda? Analizamos entón referencias e medicións. Disto pasamos á relación que as persoas con sobrepeso teñen co exercicio físico e a alimentación. A gordofobia fainos asumir que os corpos gordos existen por desleixo e non porque na natureza haxa unha variedade de formas. Isto implica que a fotografía dunha persoa gorda a comer sexa moi castigada socialmente ou que o trato que reciban nunha consulta médica rotineira pase só por consellos para adelgazar. Ímosvos dar un dato: as persoas de tamaño plus size tamén necesitan vestirse. A odisea de encontrar algo a bo prezo e que se axuste a varios gustos é un feito. Estes produtos tamén necesitan modelos e, as máis das veces, eses corpos están condicionados aos mesmos padróns esixidos na delgadez: ventres planos, cintura estreita e gordura só en lugares estratéxicos. Que haxa corpos diferentes en campañas publicitarias é un fomento á obesidade? Isto dá pano para mangas. Prometemos unha segunda parte sobre o mesmo tema, porque aínda hai puntos por tratar. O que non faltou foi o do noso patrocinador Punto.gal.
Thu, 02 Jun 2022 - 1h 00min - 53 - S02E35 - Visibilidade 🙋🏿♀️
No episodio desta semana, patrocinado coma sempre por PuntoGal, acompáñanos a tiktoker burelá Paula Jorge para falar sobre a representación de persoas racializadas nos medios de comunicación. Afortunadamente, semella que pouco a pouco a presenza de persoas racializadas nas redes sociais vai aumentando de xeito progresivo. Porén, a representación de influencers negras no mundo da maquillaxe aínda é escaso e comprobamos que a industria da beleza esqueceu durante anos fabricar produtos para persoas con pel escura ou para cabelos afro. Paula tamén nos expuxo a súa experiencia vital como persoa negra galega e que fala galego. Sorprenderíavos coñecer a cantidade de veces que tivo que explicar a súa árbore xenealóxica cando lle preguntaron de onde era ou todas as ocasións na que gabaron o seu excelente galego ao presupoñérena estranxeira. Ademais, tamén nos falou de cales foron as súas referentes cando era nena e das que poderían selo na actualidade. Por último, abrimos o melón da representación de persoas racializadas na televisión, nas series e nos filmes. Cales son os papeis que tipicamente se lles ofrece ás actrices e actores negros? Séguese a tirar de clixés, limitando a traxectoria destas profesionais só pola súa cor de pel? Agocha un tinte racista escudarse no rigor histórico para queixarse da presenza de elenco racializado en determinados papeis de series ambientadas noutras épocas da historia? Resolvemos estas e outras moitas cuestións neste episodio sobre representación. Agardamos que o disfrutedes!
Thu, 26 May 2022 - 1h 01min - 52 - S02E34 - Lingua👅
As Womansplainers somos laretas, lingoreteiras, bilingües, políglotas, filólogas, diglósicas e cunilingüistas. Por todos estes motivos non podiamos deixar pasar o Día das Letras sen facermos un episodio especial sobre #OdoGalego. Na compaña da xornalista do Diario de Pontevedra Chus Gómez Dorrego, discutimos algúns dos temas máis quentes da nosa lingua e volvemos sobre algunhas teimas clásicas arredor dela: Por que dá tanto medo o NH? Podería o binormativismo ser verdadeiramente harmónico nunha situación de desvantaxe institucional como a presente? É o reintegracionismo só unha opción ortográfica? A nosa profesora de portugués residente, a Saboridinha, explícanos estes temas e aproveitamos para recomendar o seu blog a todas as lusópatas. Da man de Chus, revisamos a situación do galego nos medios, a polémica ao redor das subvencións e da porcentaxe de artigos na nosa lingua, o porqué de traduciren ao castelán as declaracións dunhas entrevistas e non doutras ou de aceptaren o galego para o tratamento de determinados temas como os culturais ou festivos, mais non aqueles que se perciben como máis serios. No sector público a lingua debería gozar de maior saúde, mais non é precisamente no mundo da saúde onde a nosa lingua está máis sá, segundo nos explica a Sara, que analiza o clasismo no emprego do galego entre o persoal da Sanidade. No que toca a Educación, as escolas, especialmente as infantís, teñen un peso na desgaleguización que non se pode ignorar. Na educación mallan tamén a Malvada Profe e a Carme, que critican como e que se esina nas materias de Lingua e Literatura Galega e que avalían en realidade os famosos exames CELGA. Falade moito galego e, se non tedes con quen, escoitádenos a nós neste novo episodio que vos trae o patrocinio de Puntogal.
Mon, 16 May 2022 - 1h 16min - 51 - S02E33 - Rexouba eurovisiva🎤
Good Evening, Europe! It's Podgalego calling! Algunhas womansplainers somos máis eurovisivas ca outras, pero ao final -e á final- non se soubo resistir ningunha. Sen podermos animar as representantes que queriamos para o país, tiñamos diferentes favoritas. Quen nos salvou de caermos durmidas entre tanta baladona? Quen defendeu ben a proposta de folclore do s. XXI? Con quen gozou máis o noso lado mamarracho? Neste podcast sabemos ben que o persoal é político -e o musical tamén. E é tan malo que o sexa? Escoita este novo episodio express co patrocinio de Puntogal.
Sun, 15 May 2022 - 36min - 50 - S02E32 - Fútbol ⚽️
Unhas veces na posición de defensa, outras na posición de ataque, o noso podcast aborda cada semana temas novos. O asunto do fútbol levaba dúas temporadas a rondar e agora entramos no xogo coa nosa convidada Vanessa, que participou en Siareir@s e falou desde Cuntis. A primeira cuestión entrou no campo con forza. Falamos do fútbol como problema social, ou como aglutinador de varios deles: misoxinia, burbullas urbanísticas, violencia, masculinidade tóxica, homofobia… Reparamos en que este deporte ocupa moito espazo nos recreos e tempo dos informativos, ensombrece a información sobre outros deportes e ata modifica a xeometría das cidades. Por outras palabras, o fútbol condiciona a nosa vida, sexamos seareiras ou non. Ninguén mellor que Vanessa para falar sobre fútbol e construción nacional. A segunda parte do xogo arrinca co clásico de se debemos separar fútbol e política. Sen acabarmos o tempo do partido, tocou abordar o tema das mulleres no fútbol, tanto na práctica deportiva, como na masa de afeccionadas. Que desafíos encontramos na carreira deportiva? É obrigado socialmente que saibamos tamén de fútbol para sermos mulleres modernas? Na conversa nos vestiarios houbo tempo para recomendacións culturais e para recordar que somos equipo patrocinado por PuntoGal. Faite seareira deste club e acompáñanos en cada partido.
Thu, 12 May 2022 - 1h 30min - 49 - S02E31 - Pracer 👄
Na segunda parte deste dobre episodio coa psicóloga e educadora sexual Hadriana Ordóñez, as Womansplainers seguimos a explorar os interrogantes do pracer. Máis de dous milenios de xudeocristianismo impuxeron en nós fortes dicotomías respecto do noso propio pracer: De quen queremos ser, da Eva ou da Lilith? O noso desexo e as nosas necesidades desconcertaron os homes desde entón até o punto de seren medicalizados baixo o paraugas da histeria. Mais non só cousas malas sairon desa diagnose, senón tamén os primeiros vibradores! Outro elemento de emancipación do noso pracer foi poder controlar e evitar a concepción. No entanto, dase o paradoxo de que as mesmas pílulas que nos liberan tamén nos tiran o desexo -só un dos seus moitos efectos secundarios. Non é o único motivo que o fai desaparecer, pois tamén coa idade vai diminuíndo- e non poderá ser iso tamén finalmente unha liberación? Pois en conclusión, o que non debe ser nunca o pracer sexual é obrigatorio. Esa idealización só provoca frustración en moitas parellas convencidas dunha imaxe do amor romántico en que unha parella que se ama moito tamén ten, en consecuencia, moito sexo e moito pracer, materializado finalmente en moitos orgasmos. Alén disto, a obrigatoriedade do pracer, ademais dunha contraditio in terminis, non deixa de alimentar a incomprensión polas persoas asexuais, quizais a parte máis invisíbel e incomprendida do colectivo LGBTQ+. Esperamos que escoitardes este novo episodio que vos trae o patrocinio de Puntogal sexa tamén para vós un pequeno pracer!
Thu, 05 May 2022 - 1h 27min - 48 - S02E30 - Desexo 🥵
Esta semana falamos de pracer e desexo coa Hadriana Ordóñez, womansplainer rianxeira e convidada repetidora que traballa como psicóloga e educadora sexual. Comecemos polo principio: Como recoñecemos o noso propio desexo? Onde aprendemos a identificar a nosa excitación sexual? Este tipo de dúbidas acostuman xurdir na adolescencia e semella que, coma en tantos outros aspectos da vida, adoita haber tamén neste tema unha importante fenda de xénero. Consentimento, desexo e pracer son termos que en ocasións se utilizan indistintamente de xeito erróneo. Aínda que de xeito ideal deberían ir sempre da man, é importante coñecer os matices do seu significado. Que diferenzas hai entre o pracer psicolóxico e o físico? Pode haber consentimento sen desexo? O relato feminista tivo un papel moi relevante na liberación sexual das mulleres. Ademais, é fundamental falar dos límites do consentimento e dos sinais para sabermos recoñecer a violencia sexual, mais tamén precisamos coñecer máis relatos positivos e experiencias de pracer. En relación co anterior, ás veces podemos ter fantasías sexuais que nos fan sentir culpables por non encaixaren cos nosos valores feministas. Porén, a nosa imaxinación non ten límites e na nosa mente todo pode suceder! Consenso, consentimento e coidados son os piares fundamentais dunha sexualidade ética que nos libere das cadeas impostas polos prexuízos. Como deste tema tiñamos moito que falar ides ter ración dobre! Así que, se quedastes con ganas de máis pracer e desexo, a próxima semana poderedes escoitar a segunda parte deste episodio co patrocinio de PuntoGal.
Thu, 28 Apr 2022 - 1h 09min - 47 - S02E29 - Lecer postpandémico🏠🎮🎯🎫
Este programa pillounos escoitando un podcast, lendo un libro, xogando algún videoxogo ou estando nunha videoconferencia coas amigas. Recoñéceo, ti tamén tes vontade de espazos abertos e contacto humano, só que xa non sabemos se iso todo vai ser como antes de 2020. A maneira en que pasamos o tempo foi completamente alterada cando a pandemia e o posterior confinamento nos apañaron. O lecer perdeu espontaneidade, marchou a improvisación e viñeron as reservas, as limitacións horarias e de número de persoas. As Womansplainers analizamos esa dependencia que hai da hostelaría para organizar case calquera plan como sociedade. A partir de 2020 houbo que crear alternativas e cada unha de nós comentou como xeriu o seu tempo libre desde que convivimos coa COVID. O lecer comezou a ser máis individual para evitarmos demasiadas interaccións sociais. Entre as consecuencias máis evidentes podemos destacar o aumento na venda de libros, o incremento no número de perfís en apps de encontro tipo Tinder e o crecente hábito de consumo audiovisual en plataformas de streaming. Algúns destes plans parece que chegaron para ficar e outros están a esmorecer desde que as medidas sanitarias son algo máis laxas ou a percepción de risco é menor. O noso podcast, co patrocinio de PuntoGal, continua a ser unha aposta para os teus tempos libres. Nesta semana tamén hai Womansplainers, mais agora sen máscaras!
Thu, 21 Apr 2022 - 1h 09min - 46 - S02E28 - Viaxe de volta🗺️
Esta semana continuamos a nosa travesía co patrocinio de PuntoGal na compaña da Cris Terceiro de Viaxantas. Que seremos desta volta, turistas ou viaxeiras? Realmente hai algunha diferenza entre estes dous termos ou é pretensioso pensar que cando viaxamos somos diferentes da imaxe estereotipada de turista que habita no noso imaxinario colectivo? Tanto a idea de viaxeira como a de turista cambiaron ao longo da historia. Na actualidade, os traxectos que realizamos para chegar ao noso destino non adoitan ser concibidos como parte da viaxe en si mesma, senón simplemente coma un medio para acadar un fin. Porén, hai unhas cantas décadas viaxar era un luxo dispoñible para moi poucas persoas, as estancias eran moito máis longas para amortizar o gasto do propio transporte e o itinerario era unha parte enriquecedora da viaxe. Ademais, existe un importante salto xeracional en canto á percepción que se ten das viaxes: unhas simples vacacións ou un investimento para o o futuro? Agora que podemos viaxar con maior facilidade seremos máis difíciles de impresionar? Esmorecería esa maxia de atopar algo novo, único e sorprendente en cada lugar que visitamos despois de ter visto outros moitos anteriormente? O dito popular afirma que se pode curar a idiotice mediante as viaxes e a lectura, pero nada máis lonxe da realidade. Podes ir a un lugar e que ese lugar non pase por ti, porque non entendas nada do que ves, por descoñecemento da lingua e da cultura, e mesmo porque os teus propios prexuízos non che permitan interpretar de xeito correcto outras realidades. Por último, reflexionamos sobre o impacto que teñen as nosas viaxes sobre os lugares que visitamos e sobre nós mesmas: falamos de xentifricación, aumento de prezos, cambios nos modelos económicos, danos no patrimonio, saúde mental, desconexión e fuxida do cotiá. E por suposto, non podíamos rematar esta travesía sen darvos recomendacións dos nosos destinos favoritas para viaxar. Última parada, non esquezades recoller as vosas pertenzas antes de baixar deste episodio das Womansplainers!
Thu, 14 Apr 2022 - 1h 14min - 45 - S02E27 - Viaxe de ida🧳
Emigrantes, turistas, excursionistas, domingueiras, peregrinas, viaxantas... hai moitas maneiras de marcharmos e de coñecermos o mundo, pero nós facémolo esta semana cunha guía excepcional: Cris Terceiro, a voz do podcast Viaxantas, que nos fala desde Bruxelas. Dúas? Catro? Unha ducia? Cantas mulleres teñen que viaxar xuntas para que non digan que viaxan soas? Semella que, como en cada eido da vida, a nosa maneira de nos mover está en parte condicionada por sermos mulleres. Mais as formas de viaxar mudaron e seguen a mudar cos tempos, determinadas polos novos medios de transporte, polos destinos de moda e mesmo pola imaxe idealizada de certas cidades ou monumentos que nos vende a ficción audiovisual. Ademais, non é o mesmo viaxar con varias maletas e bolsas que lixeiras de equipaxe -e para vos axudar coas equipaxes contamos cos consellos expertos da Saboridinha. E como sometidos ao principio de incerteza de Heisenberg, todos os lugares que visitamos son inevitablemente modificados pola nosa viaxe, o noso aloxamento e incluso os gustos culinarios. Escoitade xa a primeira parte deste episodio dobre patrocinado por PuntoGal.
Thu, 07 Apr 2022 - 1h 04min - 44 - S02E26 – Machos 👨🏻🧔🏻♂️
Esta semana, o podcast da xente que máis forte opina do Podgalego achégase á figura dos MACHOS, esa especie que está (e que non quere estar) en perigo de extinción. Onde sobreviven os machos? Cales son as súas reservas e cales as ameazas para o seu hábitat? Intentamos definir que é un macho e discutimos por que nos resulta tan doado parodiar os machos españois e de dereitas e tan difícil denunciar os machos de esquerdas: os comumachos, os reintemachos, os dongalizos. Pescudamos tamén nas orixes sociais do macho, na masculinidade tóxica imposta aos homes desde a infancia e nos castigos que reciben cando se afastan do ideal de masculinidade nos seus gustos, nas súas actividades ou en calquera desvío da heterosexualidade hexemónica. Por último, preguntámonos se é posíbel o desenvolvemento de novas masculinidades e que esixen por parte dos homes que se queren afastar da pantalla do macho. Escoitade a boa compaña que tivemos esta semana no novo episodio patrocinado por PuntoGal -e seguide discutindo connosco nas redes!
Thu, 31 Mar 2022 - 1h 09min - 43 - S02E25 - Casamentos👰🏼👰🏾
Nesta semana fixemos reconto de estados civís e, grazas á nosa convidada Esther, o resultado foi de 3/2 con vitoria para as solteiras. Con todo, temos que salientar que se o reconto fose en número de vodas, o marcador sería outro ben diferente. Esther personifica varias mudanzas: casou varias veces, casou en pandemia e até fixo un banquete online. Con este exemplo, podemos ver que a sociedade actual experimenta un abandono do factor ritual en favor dunha esencia máis festiva ou, talvez, até máis práctica. Non debemos esquecer que o vínculo legal facilita moitas outras xestións administrativas para os cónxuxes. Comentamos a escolla de vestidos, como é que se fan os convites, se hoxe teñen ou xa non teñen sentido das «despedidas» ou como é aquilo de sentirse o centro de atención por un día. Na nosa sección de recomendacións temos espazo para filmes, música e até un contacto dunha organizadora de casamentos. Agora só necesitamos unha amiga casada máis para facer un solteiras contra casadas. Ou mellor non, que non somos moito de fútbol. Aínda que ben pensado, patrocinador xa temos: PuntoGal.
Fri, 25 Mar 2022 - 1h 08min - 42 - S02E24 - Non nais🚶🏽♀️
No episodio das Womansplainers desta semana, patrocinado por PuntoGal, acompáñanos a María Sabucedo, amiga womansplainer na diáspora que vén opinar forte connosco sobre «non nais». O 93,5% das mulleres de menos de 30 anos na Galiza non ten fillos. Ademais, as estatísticas tamén amosan que, no noso país, as mulleres teñen menos fillos dos que desexarían. Moitas mulleres que quererían ter unha crianza non teñen ningunha e outras moitas que teñen unha ou dúas gostarían de ter máis. Os motivos que levan as mulleres a non seren nais son moi diversos: non querer, non poder, precariedade laboral ou a dificultade de acceso a tratamentos de fertilidade, entre outros. Por outra banda, a decisión voluntaria das mulleres que non queren ser nais non adoita ser respectada. Moitas, sobre todo chegada certa idade, mesmo son sometidas a presións sociais para teren crianzas. Son infantilizadas e tachadas de egoístas, recibindo comentarios indesexados que, na maioría dos casos, nin sequera teñen en conta a súa situación vital. Por último, conversamos sobre o dó das «non nais» e as mortes perinatais. O tabú presente ao redor deste tema dificulta a realización dun labor sensibilizador ao respecto e favorece as carencias no sistema sanitario que impiden tratalo correctamente. Agardámosvos, coma cada semana, na vosa plataforma dixital favorita!
Thu, 17 Mar 2022 - 1h 19min - 41 - S02E23 - Hixiene 🛀🚿
O mundo está cada día máis porco e por ese motivo as Womansplainers decidimos que tiñamos que discutir sobre HIXIENE. Na compaña de Laura Veiga, creadora do proxecto multiplataforma Pingando, e co patrocinio de PuntoGal, traémosvos un novo episodio que cheira que arrecende.
Este é un episodio para racharmos tabús, como o imperativo da ducha cotiá, que pouca xente confesa omitir. É duchármonos decote o que nos distingue dos nosos veciños europeos con sona de menos limpos? Precisamos as adultas, nestes tempos de recibos estratosféricos de auga e de luz, unha ducha diaria? Son bos tanto xabrón e tanta auga para a nosa pel?
A era da pandemia trouxo consigo novos hábitos de hixiene e de hixienización, coas súas inevitábeis fobias e neuroses. Cando e canto sentido ten a desinfección constante de superficies e de mans nos espazos públicos?
Como cada semana, achegámonos ao tema do episodio desde unha perspectiva de xénero: É sabido que as mulleres estamos suxeitas a unhas expectativas de hixiene maiores que as dos homes e que, no noso caso, se fan pasar por hábitos hixiénicos costumes que apenas teñen valor estético. Asimesmo, véndennos como produtos de «hixiene feminina» artículos de drograría pensados para a regra e deseñados desde a óptica de que a menstruación é algo suxo, que debe ser ocultado e disimulado con eufemismos e perfumes. O pracer de se perfumar é outro dos paos que tocamos, porque a colonia pode intentar compensar unha hixiene deficiente ou atacar as pituitarias das veciñas cando a usamos a eito.
Por último, non podedes deixar de acompañarnos na nosa oda e elexía ao bidé, símbolo dunha fenda xeracional e imaxe de postal da hixiene «por parroquias», a hixiene que mellor define o noso territorio!
Thu, 10 Mar 2022 - 1h 13min - 40 - S02E22 - Medos 😱
O compositor brasileiro Lenine foi capaz de definir o medo «como um laço que se aperta em nós». A escuridade, ratos, cans grandes ou mesmo lugares fechados poden apertar moito máis ese lazo. Neste episodio cada unha das womansplainers soubo explicar os seus principais medos: algúns deles vixentes, outros superados e outros incribelmente herdados do proceso de hominización.
Para desenredarmos ese lazo podemos comezar por considerar cantos deses medos son aprendidos e cantos deles teñen un viés de xénero. Evidentemente, a nosa experiencia vital como mulleres e a educación que recibimos é moi marcante, pero sabemos que hai quen teña medo de que non teñamos medo. É por isto que non podemos obviar a parte lucrativa deste asunto. O medo incrementa a venda de desinfectantes, alarmas, reixas… Estes elementos que se publicitan como protección son, as máis das veces, outro nó que aperta e afoga.
Parece un paradoxo, mais este sentimento pode ter un lado positivo. O medo é capaz de activar mecanismos de defensa, fuxida e superación. Podemos até sentir pracer invocando o medo co visionado dun filme de terror. E de filmes algo sabemos. Este programa, que conta co patrocinio de PuntoGal, non esquece os consellos culturais de costume. Temos orientacións sobre literatura, cinema e música que nos producen esta emoción ou provocan unha reflexión sobre ela.
Thu, 03 Mar 2022 - 1h 17min - 39 - S02E21 - Entroido 👺
Chegou o momento da sátira, do humor e de botarlle un pequeno pulso ao poder establecido. Como non podía ser doutro xeito, no episodio desta semana co patrocinio de PuntoGal falamos do Entroido. Ás Womansplainers encántanos disfrazarnos. Aínda non sabemos de que nos vestiremos este ano, pero facemos unha recopilación dos nosos mellores disfraces de todos os tempos.
Debatimos sobre como nestas datas segue a ser habitual atopar homes disfrazados de muller e disfraces pensados para mulleres que non deixan de ser hipersexualizadores. Por outra parte, os Entroidos tradicionais da Galiza existen máis alá do clásico "triángulo máxico". En moitas vilas galegas estanse a realizar importantes traballos de recuperación das celebracións populares desta festividade, sen sufriren a masificación e turistificación que se observa nas festas de entroido máis coñecidas a nivel estatal e internacional.
Se algo caracteriza tamén esta época do ano é a abundante diversidade de pratos típicos da nosa gastronomía. Cales son os vosos favoritos? Para rematar recomendámosvos música, libros e viaxes relacionados coa temática entroideira que podedes desfrutar de xeito especial nestas datas.
Viva o Entroido!
Thu, 24 Feb 2022 - 58min - 38 - S02E20 Síndrome da impostora 🎭
Tripulación: Hai unha impostora entre nós. Serás ti, serei eu, será a nosa convidada Patricia Porto Paderne? Esta semana, as Womansplainers discutimos sobre a síndrome da impostora, mal chamada con frecuencia «síndrome do impostor». Este mal, que afectaba particularmente a mulleres en posicións de liderado ou con suceso profesional e académico, foi descrito nos anos 70 pola Dra. Pauline Clance, que o identificou coa experiencia psicolóxica de quen teme ser unha fraude intelectual e ser recoñecida como unha impostora. Falamos das nosas propias experiencias, de como e en que circunstancias nos foi infundida esa inseguridade e de persoeiros que teñen falado abertamente de padecela. Coñecedes tamén a síndrome de Dunning-Kruger, a outra cara da moeda da síndrome da impostora, que afecta principalmente aos homes? Por que a síndrome da impostora afecta desproporcionadamente ás mulleres? E como podemos librarnos dela? Será en verdade unha inseguridade que se cura co tempo? Ou será imprescindíbel deixar de rodearse de cretinos? Axudaravos escoitar este novo episodio das Womansplainers? Unha semana máis en Luzes, co patrocinio de Puntogal.
Thu, 17 Feb 2022 - 1h 14min - 37 - S02E19 - Womaniversario: MATRIARCAS 🎂
As Womansplainers demos a nosa primeira volta ao Sol e estamos de parabéns. Quixemos facer un episodio que recollese a nosa esencia e contase coas mellores convidadas, para te agradecer a ti, a ti, todo este tempo connosco. Marilar Aleixandre, Marta Veiga Izaguirre e Antía Yáñez repiten participación e sopran as candeas para destriparmos un dos nosos mitos fundacionais: o matriarcado.
Antes de máis nada, comezamos cunha cuestión técnica nada fútil: cando afirmamos debemos achegar probas. Non son válidos neste episodio argumentos anecdóticos ou impresións. Sendo así, seis señoras e un señoro en vías de rehabilitación tiran de varios fíos neste coloquio. Falamos do que se pode entender hoxe por un matriarcado, a relación das mulleres co poder, coa riqueza e coa familia.
Se nos centramos no caso galego, vemos que este mito foi fortemente asociado a nós. Tentamos desvendar a utilidade desta idea dentro da construción nacional e como ela tamén serviu para desactivar certos avances na loita feminista. Estamos a confundir «matriarcado» con «asunción plena dos coidados»? Ten sentido reivindicar un matriarcado ou falarmos de Matria?
A representación da «matriarca» na pintura, literatura, escultura, cinema e series é igualmente analizada neste programa que, como sabedes, conta co patrocinio de PuntoGal.
En resumo, fixemos unha festa, pero Estrabón non foi convidado.
Thu, 10 Feb 2022 - 1h 22min - 36 - S02E18 - Arte🎨🖼
No episodio desta semana acompáñanos a historiadora e crítica de arte Natalia Poncela para falarmos dun tema ligado á humanidade practicamente dende os inicios da súa existencia: a arte. A infancia e a creatividade son dous elementos unidos por natureza. Cando somos crianzas debuxamos, modelamos e construímos; mais non todas acabamos sendo artistas ao chegarmos á idade adulta. A presenza da educación plástica e visual na infancia adoita ser superficial e repetitiva, non pretende fomentar a creatividade, senón recrear modelos e parámetros que se avalían como correctos e desexables. Ademais, na primaria e na secundaria estas ensinanzas asúmense como secundarias e prescindibles.
Arredor do mundo das artes visuais contemporáneas existen moitas ideas preconcebidas e os museos especializados nesta área, a pesar de teren habitualmente entrada de balde e mesmo formación para crianzas, están baleiros con frecuencia. No episodio desta semana debatimos o por que desta cuestión e preguntámonos se son precisos máis espazos de divulgación adaptados ás novas plataformas de comunicación. Non sei se nós poderíamos considerarnos artistas do womansplaining, pero podedes facer as vosas valoracións despois de escoitar este novo episodio!
Coa colaboración de PuntoGal.
Thu, 03 Feb 2022 - 1h 08min - 35 - S02E17 - Exercicio físico 💪As Womansplainers seguimos (máis ou menos) a máxima latina de mens sana in corpore sano. O exercicio físico e os deportes axudan a manter o corpo en boa forma e a mente despexada, pero non sempre é doado facelo. O primeiro contacto que adoitamos ter coa práctica deportiva acontece na materia de Educación Física ou nas actividades extraescolares, onde as profesoras acaban definindo a nosa relación co exercicio ou cos nosos propios corpos, como saben os centos de estudantes que pasaron anos atrás polas aulas dalgunha vella profesora da Sección Femenina. Chegadas á idade adulta, moitas mulleres vemos boicoteados os nosos intentos de facermos exercicio físico porque os lugares onde o facemos non son espazos seguros. Quen non recibiu comentarios ou achegamentos indesexados por ir correr pola rúa ou polo parque? Quen non coñece o mansplainers de ximnasio, ese espécime que sempre sabe mellor ca ti como usares esa máquina e canto peso debes levantar? Que outros obstáculos e traumas se interpoñen entre os nosos corpos e o deporte? Felizmente, as novas xeracións de mozas teñen máis referentes mediáticos, como Vero Boquete, Alexia Putelles ou Lidia Valentín, que abren os horizontes en disciplinas antes menos populares entre as nenas. Comezade a quecer eses músculos, que arrinca o womansplaining desta semana, coa colaboración de PuntoGal.Thu, 27 Jan 2022 - 1h 16min
- 34 - S02E16 - Tindersplaining🔥🔥
Unha das tramas sen pechar das Womansplainers era a participación de Ascárida no programa de Tindersplaining.
Tindersplaining II ten aínda moito para dar: algoritmos, autoestima, Raya ou primeiras impresións.
A colección de matches que recibimos e o feito de ignorarmos quen e cantas persoas nos rexeitan crea unha falsa sensación de éxito. Esta ilusión de aceptación pode influír na nosa propiocepción. Falamos da nota que o Tinder pon a cada perfil e como funciona o seu algoritmo. Voltamos sobre o asunto dos filtros e confesamos cales foron os nosos criterios particulares fora da app. Esas condicións que pomos aproxímannos ao noso ideal ou afástannos dalguén, que sendo oposto ao que procuramos, tamén pode ser a persoa certa?
Sexa como for, neste tipo de apps a primeira impresión parece ter moito valor. A facilidade para coñecer persoas pode vir da man do bodyshaming ou mesmo do ghosting. Imaxinade que encontrades o perfil dunha celebridade? Que faríades? Os ricos deixaron de chorar, porque naceu Raya, o “Tinder dos famosos”. Sharon Stone tamén sente e padece e ti non o sabías.
Escoita o noso programa desta semana, agora coa colaboración de PuntoGal.
Thu, 20 Jan 2022 - 1h 01min - 33 - S02E15 - Universidade (I) 🎓
As Womansplainers inauguramos novo ano coa mellor das noticias, porque a partir de agora contaremos coa colaboración de PuntoGal, o dominio galego en internet. E para abrir o 2022 opinando forte sobre a universidade veu falar connosco a Lucía Casal: cantante, psicopedagoga, docente e investigadora no Campus de Ourense da Universidade de Vigo na área de didáctica da expresión musical. Debatimos sobre a orientación que recibe o alumnado dos IES cando deciden ir á universidade. Dáselle outras alternativas formativas e laborais, ou o mundo universitario segue a ter un prestixio maior que outras opcións coma a FP? Por outra parte, a pandemia trouxo consigo grandes cambios para estudantado e profesorado durante o confinamento. Algunhas destas novidades semellan estar aquí para ficar e neste episodio descubrimos como se vive esta situación nas universidades. Finalmente, debatimos sobre a precariedade dentro desta institución. Nas redes sociais cada vez vemos máis testemuños de persoas que abandonan a investigación debido á inestabilidade laboral existente neste ámbito. Como é a carreira investigadora no noso país e onde se sente esa precariedade?
Thu, 13 Jan 2022 - 1h 19min - 32 - S02E14 - Relacións non convencionais 🤹♀️💞
Este primeiro ano de vida das Womansplainers chega á súa fin e despedímolo cun directo de Twitch, que agora podedes escoitar tamén en Anchor, Spotify, iVox e o martes en Cuac FM, na compaña da poeta e cantante Lucía Aldao.
Preguntámonos, en primeiro lugar, que se considera aínda nos nosos días unha relación convencionale como mudou a percepción que temos dela desde os tempos en que o matrimonio canónico era a medida do normal. Cales son as familias convencionais nun país onde máis da metade das crianzas xa nacen fóra do matrimonio? Incluso as ficcións máis comerciais hai lustros que reflicten cada vez máis constelacións familiares, como parellas divorciadas, familias monoparentais, pais e nais LGBT+, parellas con fillos de anteriores relacións, etc.
A pandemia e os sucesivos confinamentos e peches perimetrais tiveron e seguen a ter un impacto contundente e posibelmente duradeiro na nosa maneira de relacionarnos, non só coas nosas parellas, senón tamén coas nosas familias e amizades. Comezan a ser as relacións “a distancia”, propias tradicionalmente no noso país das persoas emigradas, parte integral da vida dunha mocidade que xa non pode compartir decote festas e apertas?
Esa mesma mocidade experimenta máis que nunca na historia recente con novas formas de relacionamento: parellas abertas, relacións poliamorosas, anarquía relacional, swingers. Por que é tamén nesa propia mocidade onde xorden as reaccións máis virulentas contra estas alternativas á monogamia? É por iso que custa máis traballo saír dos armarios relacionais que dos da orientación sexual?
Por último, aproveitamos coma sempre para vos recomendar algunhas lecturas e filmes con relacións non convencionais que nos gustan ou nos inspiran.
Desexámosvos un 2022 cheo de relacións novas ou vellas, pero salvaxemente felices!
Fri, 31 Dec 2021 - 1h 41min - 31 - S02E13: Nadal 🎄
Chega o recendo a xenxibre, chocolate e acivro. Luces, música e filmes temáticos. Sorpresas no calendario de advento, entre elas un novo episodio do voso podcast de referencia.
Nesta semana festiva temos de novo colaboración de Marta Veiga Izaguirre, xornalista, profesora e opinadora en programas anteriores de enorme peso como Tetas ou Transportes. Sabemos que Marta adora o Nadal e o resto das Womansplainers fomos comentando como é a nosa relación con estas festas, coas súas vantaxes e inconvenientes, tendo en conta o desafío que supón vivilas outro ano máis en pandemia.
Thu, 23 Dec 2021 - 1h 33min - 30 - S02E12: Fe 🛐
No episodio desta semana opinamos sobre fe e relixión, acompañadas pola xornalista e fotógrafa freelance Charo Lopes. A pesar de que a fe e as crenzas relixiosas poidan parecer cousa de tempos pasados, a realidade é que tan só un 16% da poboación mundial se define como non relixiosa. Semella que a espiritualidade e a relixión forman parte inherente do ser humano, xurdindo ao tempo que nos nosos antepasados nacía a capadidade de abstracción. Ao longo da historia, a relixión foi motor tanto da paz coma da guerra. Serviu como sistema opresor, pero tamén como vertebradora da realidade e de comunidades diversas. A día de hoxe, aínda que as relixións tradicionais perden adeptos entre as novas xeracións, seguen a ter un importante papel na nosa vida cotiá: na política, no xeito en que nos relacionamos, nos nosos valores e ata no noso sentimento de culpa. Por outra banda, debatimos tamén a que se debe o xurdimento de novas crenzas coma o horóscopo ou tarot. Pode relacionarse isto coa necesidade de desenvolver a espiritualidade dun xeito diferente ao que propoñen as relixións maioritarias? Precisamos crear comunidades e sentir que pertencemos a un grupo tamén nun plano espiritual? Para descubrir a resposta a esta e outras cuestións trascendentais, agardámoste neste episodio... Se Deus quere (ou non!).
Thu, 16 Dec 2021 - 1h 11min - 29 - S02E11: Maternidade 🤰
TW: Gravidez, parto, violencia obstétrica, morte perinatal, ideacións suicidas.
Neste episodio, a xornalista (e nai) Sonia Díaz fai fronte común coa nosa mamá residente, Saboridinha para falarnos dos seus motivos para seren nais e comentar tamén outros que se repiten na sociedade. A Sonia explícanos o xeito en que o corpo da nai xestante deixa de pertencerlle a ela mesma, que se torna unha actriz secundaria, sometendo cada decisión sobre o seu corpo á opinión e ao xuízo de todo o que pasa e sufrindo unha infantilización permanente. Comentamos tamén a romantización da maternidade e escoitamos anécdotas sobre a gravidez, o parto e o puerperio de ambas as dúas nais. Non perdades este episodio feito con tanto AMOR DE NAI!
Thu, 09 Dec 2021 - 1h 43min - 28 - S02E10: Consumismo 🛍️
Compras, consumismo e capitalismo. Neste episodio fixemos exame de consciencia e até confesamos as nosas adquisicións máis inútiles. Concluímos que todas as nosas compras están arrodeadas de certa parafernalia que nos incita ao consumismo, a comprarmos produtos que poucas veces necesitamos, a que a nosa autoestima creza pola falsa sensación de exclusividade que nos dan as marcas.
Estamos a romper os marcos do capitalismo con novas formas de consumo? Aquel tabú de usar pezas de roupa xa usadas está a esvaecer? falamos das tendas de segunda man, debatemos sobre a calidade dos produtos e os tamaños que ofrecen. Comentamos tamén a posibilidade recente de alugarmos a roupa por uns meses e así termos a opción de variar, tal e como as marcas exclusivas levan a facer sempre.
Por outra parte, o mundo virtual parece que se presenta como unha alternativa para un consumo máis consciente. Existen apps de venda de produtos de segunda man, algunhas até focadas nas roupas, e hai outras de aproveitamento de alimentos de restaurantes e supermercados. Con todo, isto non deixa de ser unha espada de dous gumes se pensamos nos envíos de lugares afastados, na publicidade personalizada, na fast-fashion e na pegada de carbono. Achar o equilibrio non parece estar fácil.Comprométeste connosco a mudar os teus hábitos? Acepta o desafío e escóitanos.
Thu, 02 Dec 2021 - 1h 20min - 27 - S02E09: P👁️RN👁️
Canto porno consumen as crianzas e adolescentes? Que visión do sexo e do corpo das mulleres ofrece a pornografía? Pode existir un porno feminista? Perpetuación de roles, clasificacións, etiquetas, amplificación de abusos sexuais: discutimos estes temas e outros máis con Hadriana Ordóñez, psicóloga e educadora sexual.
Thu, 25 Nov 2021 - 1h 22min - 26 - S02E08: carne 🥩
Cal é a relación entre os atributos da masculinidade clásica e o consumo de carne? Que vínculos existen entre o machismo anti-tofu e os rituais que rodean o churrasco? Por que os cuñados se converten inmediatamente en nutricionistas na presenza dunha persoa vegana?
Martinha Almôndega, a nosa convidada, acompáñanos polas profundidades abisais do mundo carnívoro e ilumínanos tamén sobre as súas experiencias como muller vegana.
Thu, 18 Nov 2021 - 1h 28min - 25 - S02E07: Natural🌿
No episodio desta semana das Womansplainers, con Marilar Aleixandre do noso lado, introducimos o tema do “natural” desde varias perspectivas. Caseiro, artesán, sen químicos... Durante anos a publicidade ten mostrado estas cartas como reclamo. Será que todo o non procesado é necesariamente bo?
Teñen as mulleres reservados unha serie de deberes naturais?
Existe unha maneira natural de criar? se así fose, estaríamos tamén a afirmar que debe haber un modo artificial de facelo.
Nesta programa as Womansplainer explicamos cousas con toda naturalidade.
Thu, 11 Nov 2021 - 1h 36min - 24 - S02E06: Animais de estimación 🐶
No estado español hai 13 millóns de mascotas. A maioría son cans, pero o máis sorprendente desta cifra é que supera o número de crianzas menores de 15 anos.
Neste episodio acompáñanos Iris Gestoso, bióloga, vexetariana e a maquilladora máis riquiña do TikTok en galego. Coñecemos as razóns que levaron a Iris a decidir apostar polo vexetarianismo e tamén o seu punto de vista sobre o que implica convivir con animais de estimación.
Aprendemos como algúns animais se converteron en compañeiros pola súa evolución da man dos seres humanos. Falamos das nosas mascotas, dos vínculos afectivos que se poden xerar cara a elas e tamén analizamos como pode afectarlles a humanización á que algunhas veces son sometidas.
Por outra banda, debatemos acerca dos problemas de convivencia que poden xerar os animais nas cidades, tales como o ruído ou a acumulación de excrementos en zonas coma parques ou beirarrúas.Thu, 04 Nov 2021 - 1h 23min - 23 - S02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas. 🎃
Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como "sacaban o aire". Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles con quen estamos unidas por experiencias persoais ou filias literarias. Por último, recomendámosvos poemas, novelas, ensaios, filmes, series e mesmo algunha excursión para aproveitardes ao máximo a atmosfera arrepiante dos días de Santos e Defuntos.
Sun, 31 Oct 2021 - 57min - 22 - S02E05: Defuntas I. A maldición as bruxas 🧙🏻♀️
Na primeira parte do episodio dobre desta semana, as Womansplainers discutimos as tradicións e os nomes do Samaín e dos Días de Santos e Defuntos, de como chegaron a nós estas tradicións e como vemos a súa evolución na sociedade galega e a chegada das influencias anglosaxonas a estas festas. Este é un día para falarmos do divino e do humano, da nosa relación coa morte e coas mortes. Falamos de cabazos, de aparecidos e doutras cousas sinistras. Tamén discutimos forte sobre as bruxas, sobre a súa reivindicación como figuras reais por parte das feministas máis inclinadas ao misticismo e o contraste desta idea coa imaxe da bruxa como construción histórica da sociedade precapitalista nos escritos de Silvia Federici. Por último, achegámonos á nosa propia relixiosidade -á herdada e a novas formas de espiritualidade e superstición como o horóscopo, que están a gañar forza e popularidade entre as xeracións de mulleres máis novas.
Thu, 28 Oct 2021 - 1h 03min - 21 - S02E04: Tindersplaining 🔥
TINDERSPLAINING, as Womansplainers explican o Tinder. Xornadas laborais interminábeis, emigración ou mesmo unha pandemia son factores que agravan a sensación de incomunicación e soidade. Cada vez é máis complicado encontrar novas amizades, por non falar de relacionamentos máis ou menos profundos. En 2020 o planeta decidiu ir a outro ritmo e o confinamento disparou o número de adhesións a apps de encontros: para moitas persoas coñecer alguén grazas a un algoritmo xa non era unha opción, convertíase na única vía. Neste programa abordamos o tema desde a curiosidade de quen nunca usou estas aplicacións e a experiencia persoal de algunhas de nós. Comezamos o episodio cos conceptos máis básicos sobre o Tinder: deslizar para a esquerda/dereita, facer un match, crear unha biografía con fotos e colocar preferencias ou comezar un chat. Unha vez feita esta guía para iniciantes, comentamos os motivos que se poden ter para instalalo. A evolución e abandono de certos prexuízos sobre termos encontros a través desta ferramenta é un tema de fondo, sen deixarmos de lado a certa indefensión que se pode ter cando falamos e nos encontramos diante dunha persoa até o momento case descoñecida. Será que unha foto e uns poucos datos poden realmente marcar toda diferenza? o xogo do que nos resulta atraente está tamén moi relacionado con como somos capaces de publicitar o noso atractivo para conseguirmos máis suceso no noso perfil. Agora que xa temos feita a descrición do capítulo, deslizade á dereita!
Thu, 21 Oct 2021 - 1h 25min - 20 - S02E03 - Colonización 🌎
O día 12 de outubro celébrase no Estado Español o chamado Día da Hispanidade. Co gallo desta efeméride en que nós non temos nada que celebrar, cruzamos virtualmente o Atlántico para falarmos coa Karina Espinoza, historiadora costarriqueña que actualmente reside no México e é unha das neofalantes máis queridas da comunidade galituiteira.
Thu, 14 Oct 2021 - 1h 42min - 19 - S02E02 - Cárceres ⛓️🧱
Neste episodio conversamos coa Iris Malvido, psicóloga penitenciaria. Por que acaban as mulleres nos CÁRCERES? Que é un módulo de respecto? Que acontece coas drogradicións e as doenzas mentais nas prisións? Neste episodio haberá resposta para todas estas preguntas e máis
Thu, 07 Oct 2021 - 1h 25min - 18 - S02E01 - Beleza 💄
Coincidindo co Día Mundial do Podcasting, as Womansplainers subimos o primeiro episodio desta segunda tempada e estreámonos en luzes.gal No episodio estivemos a discutir coa escritora Antía Yáñez sobre BELEZA. Falamos con ela sobre os cánones con que medramos, desde a extrema delgadez das actrices das series dos 90 aos peitos enormes -e con frecuencia artificiais- de Baywatch e as presentadoras de televisión daquela época. Debatimos tamén co noso público do Twitch sobre se os rostros e os corpos que vemos no audiovisual actual son realmente cada vez máis diversos ou están pola contra cada vez máis homoxeneizados.
Thu, 30 Sep 2021 - 1h 42min - 17 - S01E19 - P1🍆R0🥒LASMon, 28 Jun 2021 - 1h 45min
- 16 - S01E18 - Exposición en redesThu, 17 Jun 2021 - 1h 37min
- 15 - S01E17 - Transportes🚍🚅
Pasou xa o 4 pola parada? Un percorrido a pé, en bicicleta, autobús, taxi e tamén en coche pola Galicia apenovita e a do interior. Con paradas no acoso sexual e hijuelas e destino final na estación que diga a Marta Veiga Izaguirre.
Thu, 10 Jun 2021 - 1h 42min - 14 - S01E16 - Alimentação🍏🍉
Como é a relação das galegas com a comida? Estamos gordas? Falamos de mudanças de hábitos alimentares, de sentir-nos julgadas pelo que comemos (ou não comemos). Neste programa não deixamos nenhum tema no prato com @Dietistarealist
Thu, 03 Jun 2021 - 1h 26min - 13 - S01E15 - Avellentamento
Inexplicabelmente, as Womansplainers tamén nos facemos vellas, mais non tanto como os protagonistas de Friends. Neste episodio, falamos con Teresa Carro de Anaobregonismo, da palabra "señora", das guerra xeracional contra os Boomers, das mellores series con mulleres maduras e vellas, deixamos opinar a Ghanito e podedes oír a Amara roncar no colo da Saboridinha.
Thu, 27 May 2021 - 1h 38min - 12 - S01E14 - OposiciónsThu, 13 May 2021 - 1h 40min
- 11 - S01E13 - Mulleres e emprendemento
Que dificultades afrontan as mulleres emprendedoras? Agrávase esta situación no ámbito do rural? Como se concilia o emprendemento coa vida personal e familiar? As nosas convidadas Loaira e Noemi responden estas e outras cuestións no episodio de hoxe.
Thu, 06 May 2021 - 57min - 10 - S01E12 - BRAGAS!Thu, 29 Apr 2021 - 1h 03min
- 9 - S01E11 - Mulleres e poderThu, 22 Apr 2021 - 56min
- 8 - S01E10 - AdicciónsThu, 15 Apr 2021 - 1h 05min
- 7 - S01E09 - Migracións
Neste episódio ouvimos experiências de pessoas migrantes. Como afeta à nossa identidade a migração? Quanto da nossa personalidade é devido ao contacto e observação doutras culturas? Falamos de xenofobia, racismo e inclusão com Jenni e Bea.
Thu, 08 Apr 2021 - 1h 14min - 6 - S01E08 - Saúde mentalThu, 01 Apr 2021 - 1h 13min
- 5 - S01E07 T·E·T·A·SThu, 25 Mar 2021 - 1h 03min
- 4 - S01E06 Día do paiThu, 18 Mar 2021 - 53min
- 3 - S01E05 8 de marzo
Que significa o 8 de marzo para As Womansplainers? Como chegamos ao feminismo? Quen son as nosas mulleres de referencia na actualidade? Que lecturas, música e filmes nos empoderan?
Mon, 08 Mar 2021 - 1h 01min - 2 - S01E04 Consentimento
Serven para algo as apps de consentimento? Edúcasenos ben sobre este tema? Qué opinamos sobre o anteproxecto da nova Lei de Liberdade Sexual? Pódese vender o consentimento? De todo isto falamos, esta semana coa visita da @seicach0ve.
Thu, 04 Mar 2021 - 55min - 1 - S01E03 Coidados
Os coidados en tempos de pandemia. Como están a afectar as circunstancias ás mulleres que coidan? E ao reparto dos coidados entre homes e mulleres? Falamos de todo isto e doutros asuntos acompañadas por Moraima.
Thu, 25 Feb 2021 - 51min
Podcasts similaires à As Womansplainers
- Global News Podcast BBC World Service
- El Partidazo de COPE COPE
- Herrera en COPE COPE
- The Dan Bongino Show Cumulus Podcast Network | Dan Bongino
- Es la Mañana de Federico esRadio
- La Noche de Dieter esRadio
- Hondelatte Raconte - Christophe Hondelatte Europe 1
- Dateline NBC NBC News
- 財經一路發 News98
- La rosa de los vientos OndaCero
- Más de uno OndaCero
- La Zanzara Radio 24
- L'Heure Du Crime RTL
- El Larguero SER Podcast
- Nadie Sabe Nada SER Podcast
- SER Historia SER Podcast
- Todo Concostrina SER Podcast
- 安住紳一郎の日曜天国 TBS RADIO
- TED Talks Daily TED
- アンガールズのジャンピン[オールナイトニッポンPODCAST] ニッポン放送
- 辛坊治郎 ズーム そこまで言うか! ニッポン放送
- 飯田浩司のOK! Cozy up! Podcast ニッポン放送
- 吳淡如人生實用商學院 吳淡如
- 武田鉄矢・今朝の三枚おろし 文化放送PodcastQR