Podcasts by Category

Cultura a todas Luzes

Cultura a todas Luzes

Luzes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

61 - CTL 38: Revista Néboa
0:00 / 0:00
1x
  • 61 - CTL 38: Revista Néboa

    Neste programa temos con nós a dúas das tres compoñentes dunha nova revista sobre cultura galega: Néboa. As súas artífices son María Maronho, Tatiana B.R e María González. Falamos con elas sobre inquetudes, gustos culturais…e moito máis!


    https://revistaneboa.wordpress.com/


    Wed, 01 May 2024 - 1h 52min
  • 60 - CTL 37: Sara Sanz

    Actriz coruñesa. Estivo nos últimos anos en series como “Fariña”, “La Unidad”, “O Sabor das Margaridas”, “As Leis de Santos”…charlamos con ela sobre o seus procesos de traballos, os comezos no teatro, a estabilidade da profesión…e moito máis.

    Wed, 24 Apr 2024 - 2h 05min
  • 59 - CTL 36: Jose Turvegal

    Temos con nós ó creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!

    Wed, 17 Apr 2024 - 1h 52min
  • 58 - CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño

    Temos unha entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático. Charlamos do proceso, as claves da peza, o casting…non podedes perdelo! Estrean o 11 de abril.

    Wed, 10 Apr 2024 - 1h 06min
  • 57 - CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal

    Temos a dous invitados con nós, mais esta vez por separado. Si unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. Fran Nuñez, director do CDG, cóntanos dos plans que ten o centro para os próximos meses. Roberto Casal, membro da compañía Teatro ó Cubo, fálanos do espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”, que percorrerá a xeografía galega cunhas case cen funcións.

    Wed, 03 Apr 2024 - 1h 11min
Show More Episodes