Filtrar por gênero
- 103 - CTL80. Especiais MIT: María Roja, La Volátil (con actrices de Ribadavia)
A actriz galega María Roja encarna a Jérôme Bel nesta última edición da MIT, esvaecendo as fronteiras entre arte e interpretación, entre performance e arquivo. Combinando documentación audiovisual de danza, monólogo e recreación en directo, esta proposta inesperada é ao mesmo tempo un percorrido por unha obra xa histórica e un constante exercicio de reinvención. Ribadavia 26 é o resultado escénico do traballo da Volátil no marco da MIT e Ribadavia durante 2 anos. O proxecto Pan, nubes e chocolate, laboratorio desenvolvido na MIT 2025, foi a primeira parte do traballo, na que se estableceron vínculos comunitarios e se recolleron as historias. Agora, a MIT 2026 acolle a segunda parte para levar a cabo a escenificación das historias que se recolleron e unha devolución desa memoria colectiva.
Wed, 29 Jul 2026 - 1h 25min - 102 - CTL79. Especiais MIT: Paula Carballeira, Marián Bañobre, Santi Cortegoso.
Neste episodio, temos con nós á recente Premio de Honra da MIT, á fenesa Paula Carballeira. No acto lembrou os seus inicios no teatro en feneA actriz, dramaturga, directora, narradora oral e escritora foi recoñecida pola súa ampla e diversa traxectoria que a converteu “nunha figura de referencia dentro e fóra de Galicia”, tal como resaltou Sabela Mendoza, do equipo directivo, lembrando que os seus espectáculos chegaron a exhibirse en festivais de Europa, América Latina e África. Tamén nos acompañan a compañía Ibuprofeno Teatro, que chegan a Ribadavia co seu novo espectáculo, Bio Construción, despois de recoller numerosos María Casares coa proposta anterior a esta. Sinerxias en Ribadavia!
Tue, 28 Jul 2026 - 1h 11min - 101 - CTL78. Especiais MIT: Cuatro por cuatro, Alba Fernández Cotelo e Aitor Basauri.
Volvemos á MIT! El cuerpo vacío, da compañía mexicana Cuatro por cuatro é unha obra sobre o corpo e as corporalidades. É tamén unha obra sobre a angustia, o dó e a nostalxia da infancia. Monte, bailado e interpretado por Alba Fernández Cotelo traballa a pola posta en valor das historias en feminino de Cuba e Galiza, que están unidas ancestralmente, e arráiganse no respeto pola terra, pola natureza. Tamén nos acompaña Aitor Basauri, clown e formador de clowns. Sinerxias en Ribadavia!
Mon, 27 Jul 2026 - 1h 17min - 100 - CTL77: Tromso
Tremenda quedada fixemos coa compañía Morraoconto! Presentan a súa primera peza, Tromsø. É unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul. Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Coma sempre, co patrocinio de Punto Gal.
Fri, 30 Jan 2026 - 1h 14min - 99 - CTL76: Isabel Vigo (APOI)
Continuamos cos programas que fixemos no Culturgal con .gal! Desta volta falamos con Isabel, que coordina o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). É o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego puxo a andar en abril de 2007. Un arquivo público e accesible que ofrece gravacións orais e musicais e os datos necesarios para poñelas no seu contexto cultural.
http://apoi.museodopobo.gal/
Thu, 15 Jan 2026 - 40min - 98 - CTL75: Festivais autoedición
Estivemos no Culturgal con Uxía Larrosa e Neves Rodríguez, representantes do Fun fun fun (en Santiago) e o Autobán (na Coruña), festivais de autoedición. Ofrecen a oportunidade de amosar e vender o seu material a autores e autoras, colectivos, proxectos de autoedición e microeditoriais. Un pracer poder conversar no Estand 73!
Co patrocinio de Punto.gal.
Fri, 19 Dec 2025 - 46min - 97 - CTL74: Manual de Patronaxe
Estamos nos momentos previos da estrea de Teatro do Noroeste! Con Eva Alonso (produtora da compañía) e Clara Gayo (directora da peza). Manual de Patronaxe é unha peza de auto ficción na que o personaxe da Escritora busca descubrir, á través das palabras, a súa identidade como muller e como creadora. Conta para isto coa axuda dunha Actriz, coa que confronta opinións sobre o acto de crear e sobre como inflúe no mesmo o feito de ser muller. Os fragmentos e escenas metateatrais altérnanse con outros de ficción, nos que a Escritora e a Actriz interpretan, respectivamente a Nena —a autora de pequena— e Avoa —a antecesora da dramaturga, que era modista.
Co patrocinio de Punto.gal.
Fri, 05 Dec 2025 - 48min - 96 - CTL 73: Arturo Lezcano
Arturo Lezcano (Ferrol, 1976) traballou durante 12 anos como correspondente en Latinoamérica. Colaborou en El País, Gatopardo, O Globo, Jot Down, Vanity Fair, Líbero, La Voz de Galicia e tintaLibre, entre outros. É o creador dos podcasts In situ, La Fortuna, Olafo e En el pasillo de la muerte (On corredor da morte). Dirixiu A terra onde nin o demo chegou (TVG, 2010) e escribiu o documental El último símbolo (Amazon, 2020). Foi guionista de Salvados (La Sexta) e produtor de NBC Telemundo. Actualmente dirixe a súa propia produtora, Ailalelo. Publicou Fútbol sobre lenzo (Lea, 2005), e os seus textos aparecen nas antoloxías Un mundo lleno de futuro (Planeta) e Crónica (UNAM).
Co patrocinio de Punto.gal.
Fri, 14 Nov 2025 - 1h 00min - 95 - CTL 72: Vero Rilo & Atenea García
Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que veñen da man, un detrás do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos á boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poesía e música. Un lugar onde a tradición non é pasado, senón presente que latexa.
As narradoras Atenea García e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en galego. Coa pandeireta na man, neste ano no que conmemoramos a ás cantareiras e a todo o legado da transmisión oral da man de mulleres traen á escena un espectáculo para poñer a palabra no centro, o idioma na boca e as mulleres na voz.
Co patrocinio de Punto.gal.
Sat, 01 Nov 2025 - 1h 15min - 94 - Intersección 2025: Antía Iglesias, Paula Pereira e Carlos Martínez
Voltamos co programa! E desta vez orgullosas e agradecidas de contar co patrocinio de Punto.gal. Estivemos, igual que o ano pasado, no festival de cine Intersección, na Coruña. Tivemos o pracer de charlar con tres talentos da arte e da cultura galegas. Paula Pereira, cineasta, que presenta Algo novo que contar. Carlos Martínez, coa curta Maldito Espírito e Antía Iglesias, coa obra Adentro [Planta híbrida latendo]. Un mix ben interesante, co porto da Coruña como marco. Non se pode pedir máis!
Fri, 17 Oct 2025 - 1h 09min - 93 - CTL MIT 2025 (II): Is, Brey, Godón
Seguimos coa nosa visita a Ribadavia para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na segunda, estiveron con nós Ernesto Is, Nerea Brey e Fran Godón. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.
Wed, 30 Jul 2025 - 56min - 92 - CTL MIT 2025 (I): Carrodeguas, Pérez, Vidal
Voltamos a Ribadavia! Neste caso para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na primeira, estiveron con nós Esther Carrodeguas, Avelina Pérez e Roi Vidal. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.
Tue, 29 Jul 2025 - 1h 12min - 91 - CTL Cans 2025(II): Fefi e ÁngelFri, 30 May 2025 - 46min
- 90 - CTL Cans 2025(I): Senlle, Costafreda e Fazáns
Tremendo debate montamos no Torreiro de Cans! Charlamos con estas referentes da cultura, sobre o propio festival e diferentes temas do noso contexto actual. Uxía recibiu un dos premios de honra do ano, e Claudia e Anxos foron xurado este ano. Un pracer telas con nós! E tivemos público por primeira vez no podcast, marabilla. 🥰
Wed, 28 May 2025 - 50min - 89 - CTL 66 Mario G. CortizoSat, 17 May 2025 - 1h 00min
- 88 - Gala Cultura Deputación da Coruña
Seguimos coa pausa do programa, mais facemos unha excepción para este evento fantástico. Un punto de encontro de diferentes manifestacións artísticas galegas. Tivemos a sorte e o pracer de charlar coas premiadas e os premiados do Departamento de Cultura da Diputación da Coruña. A gala foi levada por Susana Pedreira coa música de Alana, fantástic@s. Agardamos que disfrutedes tanto coma nós!!
Tue, 15 Apr 2025 - 49min - 87 - CTL 64 Lidia Cao
Nace en Santiago de Compostela en 1997. É de Ordes. Técnica Superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, dende pequena debuxaba os libros e cubría calquera superficie co bolígrafo. Interesouse polo debuxo de figuras e rostros, analizando as expresións e o qué decir con moi pouco. Nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo bate no seu camiño gracias a obradoiros de iniciación a partir dos cales empeza a explorar novos mundos.
Encántalle crear o volumen a través de simples liñas. A súa paleta é en gran parte monocromática, utilizando tamén cores desaturadas e pouco estridentes. Participa en varios festivais de muralismo como desOrdes Creativas (Ordes), Muro Crítico (Cáceres), VICC (Vigo) ou Urbanidades do Eixo (Aveiro, Portugal). Actualmente traballa como ilustradora freelance e artista mural.
Tue, 21 Jan 2025 - 2h 07min - 86 - CTL 63 Brenda Mondelo
Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017. Graduada en Xornalismo e Ciencias Políticas, gañou entre outros galardóns o (Re)inventando Xela Arias, de 2021. En todos os anos que pasou fóra da súa aldea, asegura, tivo sempre a necesidade de escribir sobre as persoas que poboaron un mundo que nalgúns momentos creu perder pero que logra recuperar a través da poesía.
Tue, 14 Jan 2025 - 1h 23min - 85 - CTL 62 Nerea Cordeiro
Nerea Cordeiro(1999) vive e traballa entre Galicia e Madrid. Despois de cursar o grao en Belas Artes pola Universidade de Vigo, trasladouse á capital para facer un mestrado universitario en Investigación en Arte Contemporánea na Universidade Complutense. Actualmente forma parte do programa de doutoramento da mesma institución. Defínese como unha artista multidisciplinar, que adoita traballar coa instalación e coa intervención. Nestes momentos está a realizar unha investigación baseada nas prácticas artísticas, cuxa principal aspiración é abrir unha conversa arredor das posibilidades de converxencia que existen entre o debuxo e a escultura, entendendo a segunda como debuxo no espazo.
https://www.nereacordeiro.com/
Tue, 07 Jan 2025 - 1h 24min - 84 - CTL 61. De Ninghures
De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb.
Sete mozas e mozos que se xuntan para ensinar o seu xeito de manter con vida a música tradicional nos tempos da globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.
Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festivais do país, como Castelo Conta, Festigal, Festival da Poesía do Condado, Foliada da Fonsagrada, Festival Irmandiño de Moeche.... chegando a compartir escenario con artistas da categoría de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Banda Bassotti. En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores, ademais de finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira.
Wed, 18 Dec 2024 - 1h 37min - 83 - CTL 60 Fernando Ramallo
Tocamos neste capítulo a situación do galego. Fernando Ramallo (Vigo, 1965) é catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo. Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022) O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas fundamentais sobre a situación social da lingua galega: que é ser neofalante?, canta xente fala galego en Galicia?, falamos todas e todos o mesmo galego?, que significa ser bilingüe?, fala galego a mocidade?, pode facer máis o sistema educativo a prol do galego?, úsase o galego nas redes sociais?, como superar os prexuízos lingüísticos?, como podo eu contribuír ao futuro do idioma?, que sería Galicia sen o galego?, como mudou a situación sociolingüística nos últimos cen anos?...
Tue, 10 Dec 2024 - 39min - 82 - CTL 59: Iria Aldegunde
Iria Aldegunde empezou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e, tras cursar un ano, decidiu trasladar a matricula á UNED e inscribiuse en O Garaxe Hermético para formarse de xeito profesional no mundo da banda deseñada. Adaptou (facendo ela tanto texto como os debuxos e cor) a novela clásica da literatura galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Foi editada por Galaxia. Falamos disto e de bastante máis con ela.
Tue, 03 Dec 2024 - 1h 46min - 81 - CTL 58: Brais Lorenzo & Claudia Morán & Miguel Riaño
Habitar o baleiro é un proxecto xornalístico multiplataforma con vocación de longo percorrido que nace para documentar a vida no rural de Galicia. O que foi, o que é, o que nace e o que desaparece, especialmente nas provincias de Ourense e Lugo, son piares fundamentais que constrúen o relato, axudan a entender o pasado e tamén a explicar o presente. A través de imaxes, infografías, textos, vídeos e audios, un colectivo formado polos xornalistas Cláudia Morán, Elisabet Fernández, Alba Moledo, Sergio Pascual e Lucía Abarrategui e o fotógrafo Brais Lorenzo, canda o apoio dos profesionais do audiovisual de Metropolis.coop. Son as historias do rural que merecen ser contadas. Para que o natural viva. Para que a memoria permaneza.
Tue, 26 Nov 2024 - 1h 38min - 80 - CTL 57 Lúa Mosquetera
Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre outras moitas cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta miñona afeita a facer dos seus recitais en directo a escusa ideal para que o seu verbo se volva salvaxe e perigoso. Desa necesidade natural de expresarse xorde un cuadrilátero poético sen medias medidas. Xa sexa acompañada por Pablo Seijas, en formato acústico, ou a través da treboada eléctrica de Bala, o seu cara a cara co espectador provoca brutais estalidos de intensidade a quemarropa, sentimentos apaixonados que transcenden a súa proximidade á nosa vida cotiá. Dende o seu poemario, tecidos en cadencia libre, establécese unha conexión directa con cada un dos mecanismos condutuais que nos rodean continuamente, e que Lúa remexe nas súas intensas liñas retorcidas. Ou, como ela di: "Un poema é a fotografía dun sentimento que, cando se pon no papel, dura para sempre".
Tue, 19 Nov 2024 - 1h 09min - 79 - CTL 56: Sabela Eiriz
Como artista multidisciplinar, traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Por outra banda, a súa experiencia e formación no cine e as artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora a moitos dos seus proxectos, e aumentan a narratividade das súas propostas. O seu traballo responde ao medio que a rodea, tomando como puntos de partida as vivencias e as emocións, sobre todo arredor da memoria, do baleiro e dos vínculos, así como da meta-reflexión sobre a imaxe e os seus usos.
Tue, 12 Nov 2024 - 1h 42min - 78 - CTL 55: Paula Pier
Paula é actriz. Naceu na Coruña. Na súa traxectoria xa van unha chea de espectáculos e aparicións en audiovisual. Falamos con ela do seu “Eu, Fraude!”, un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Di ela: Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas máis témeras sombras. Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida! Acompáñana (no escenario, non no podcast xD): Chus López ó saxo, Sandra Pérez na percusión e María Velasco á guitarra.
Wed, 06 Nov 2024 - 1h 43min - 77 - CTL 54: Violeta Meléndrez Doval
“Bookstagrammer”, na súa conta @littera_lupa. Comenta que a súa vida é ler, e acompaña as súas lecturas na difusión con flores. Coñecemos un pouco máis a esta inqueda, que comenta que a través da difusión pode recrearse, e así coñecer xente con gustos parecidos. Confesa que é pesada recomendando autoras como Jane Austen, as Brönte ou Andrea Maceiras.
Tue, 29 Oct 2024 - 57min - 76 - CTL 53: Festival Intersección: Gonzalo E. Veloso e Andrea Franco
Festival Internacional de Cine da Coruña aposta polas correntes máis libres do cinema de autor. A súa programación acolle películas independentes creadas desde o risco e a innovación. O festival indaga nas novas linguaxes cinematográficas e alberga obras creadas dende a valentía, a diversidade e a curiosidade. Ofrece ao público a posibilidade de ver narrativas non convencionais e rupturistas, que van desde o cine de autor ás correntes máis actuais do cinema de vangarda. Están con nós o seu director, Gonzalo E. Veloso; e a programadora, Andrea Franco.
Tue, 22 Oct 2024 - 43min - 75 - CTL 52: Luis Avilés
Formado en Dirección e Montaxe Cinematográficos no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya). Realizador de programas de TV como Criaturas e Casamos de TVG, ambos líderes de audiencia nas suas respectivas franxas. Director de diversas curtametraxes premiadas. Realizador xunto a César Souto do documental Os días afogados presente nun gran número de festivais e gañadora de varios premios. Gañador do Mestre Mateo 2016 ó mellor documental. Seguramente o máis recente é a segunda parte de Cuñados, (+Cuñados) da que falaremos. E tamén a serie da para a TVG Ghuasapp, entre outras moitas cousas.
Tue, 15 Oct 2024 - 1h 49min - 74 - CTL 51: The Rapants
Son unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Están con nós Xanma (voz principal e guitarra) e Xaquín (batería). Cunha base musical apoiada en ritmos disco e guitarras indies característicos de agrupacións como The Smiths, The Growlers ou mesmo Novedades Carminha, o carácter destes catro mozos radica nunha actitude despreocupada e enérxica.
Thu, 10 Oct 2024 - 1h 24min - 73 - CTL 50: Pela del Álamo
Está con nós o director de Curtocircuito, un festival afincado en Santiago. A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do seu traballo.
Nos últimos anos, o festival evolucionou para convertirse nun evento interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abrangue na súa programación outras disciplinas como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura.
Este 2024, ten como referente (tanto estético como temático) os fondos mariños.
Wed, 02 Oct 2024 - 39min - 72 - CTL 49: Pedro Díaz
(Santiago de Compostela, 1988). Estuda dirección de cine na Escola Bande à Part de Barcelona. En 2013 dirixiu a curtametraxe Mal de Sangre, premiada en diferentes festivais nacionais e percorrendo Europa, Sudamérica e EEUU. Desde 2014 é director de Movistar+ e traballa en publicidade con produtoras como Mediapro. Dirixindo campañas publicitarias, gañou diferentes premios internacionais nos Promax Awards e no New York Film Festival. Foi nominado ós Goya con La entrega e prepara a súa primeira longametraxe, Serenade.
https://www.pedro-diaz.com/films/
Wed, 25 Sep 2024 - 48min - 71 - CTL 48: Vázquez, Novas e Blanco
Volvemos das vacacións! E facémolo cun encontro que se produciu no querido Festival de Cans este ano. Unha charla entre tres grandes da interpretación galega: María Vázquez, Tamar Novas e Carlos Blanco.
Só avisamos que fomos sen escaleta e con liberdade. Fresco e libre para retomar as rutinas. Felices de volver e con esta sorte!
Wed, 18 Sep 2024 - 35min - 70 - CTL 47: Araceli Gonda
Neste programa facemos unha vinculación entre onúmero #130 de Luzese o podcast. Trátase dunha retrospectiva da xornalista e guionista Araceli Gonda. Nacida nunha aldea de Gondomar, pasou pola TVG e moitos proxectos de televisión e cine. 4º sen ascensor, Padre Casares, Os Atlánticos…e máis recientemente Hierro, Me he hecho viral, Cuñados…viaxamos no tempo con ela.
Sat, 20 Jul 2024 - 2h 14min - 69 - CTL 46: Fillas de Cassandra
Fin de temporada por todo o alto! Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo. Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.
Wed, 26 Jun 2024 - 55min - 68 - CTL 45: Pau Teixidor
"ALUMBRAMIENTO" (estreada o 19 de xuño) é a segunda longametraxe como director de Pau Teixidor, a película está inspirada en feitos reais e conta a historia de Lucía, unha adolescente que queda grávida en España en 1982. Protagonizada por Sofia Milan, no seu primeiro papel cinematográfico, "ALUMBRAMIENTO" reúne a un prometedor elenco de novas actrices e xunto a María Vázquez entre outras veteranas actrices e actores. O guión está escrito polo propio Teixidor xunto con Lorena Iglesias. Outra charla por Cans! Penúltimo programa desta tempada.
Wed, 19 Jun 2024 - 33min - 67 - CTL 44: Su Garrido & Fran Rodríguez & Coral Piñeiro
Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. Fran e Coral móvense no mundo audiovisual, e forman parte do coletivo Memoria e Cinema. Falamos do documental Patios de luz, e principalmente…da importancia das aldeas ;).
Wed, 12 Jun 2024 - 54min - 66 - CTL 43: Lontreira
Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, rúas nas que coñeceron Churruca e nas que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente. Tanto que foron elixidos finalistas na categoría de banda emerxente nos premios Martín Códax da Música, e unha das 14 bandas seleccionadas entre máis de 300 para o MUMI (Músicas do Minho) onde se concentran durante unha fin de semana importantes programadores de Galicia e Portugal.
Wed, 05 Jun 2024 - 30min - 65 - CTL 42: As Neves
Están con nós Sonia Méndez (directora), Nati Juncal (productora) e Andrea Varela (coprotagonista). As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes fan unha festa e tómanse cogomelos por primeira vez. Ó día seguinte espertan cunha tormenta de neve e a noticia de que Paula, unha das nenas da festa, desapareceu. Mentres tanto, a cidade está cortada e internet cae. Cada vez é máis urxente atopalo. Comeza unha investigación que provocará un cambio profundo nas súas vidas e na súa relación co mundo. Ide ó cine!
Wed, 29 May 2024 - 36min - 64 - CTL 41: Óscar Cruz
Guionista por paixón e necesidade de contar historias. Comecei o meu camiño en internet con series como 'O método sueco'. Antigo alumno do Máster de Guión da UPSA e guionista da comedia de situación 'Peter Brandon'. Agora, recentamente premiado nos Mestre Mateo pola webserie “A arte de ser (mal) pai”. Comunicador tamén no Malicia Noticias da TVG.
Wed, 22 May 2024 - 2h 35min - 63 - CTL 40: María Reimóndez
María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intérprete de profesión. Como escritora o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (Ed. Positivas, 2002). No 2013 regresou á poesía coa publicación de tres poemarios: Presente continuo (Xerais, 2013), Moda Galega Reloaded (Ed. Positivas, 2013) e kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio, 2013). No ano 2017 recibiu o Premio Johán Carballeira de poesía por Galicia en bus (Xerais 2018). En 2017 unha selección de Presente continuo foi traducida ao támil co título Kallin Kadungkopam pola poeta Thamizachi Tangapadian.
Wed, 15 May 2024 - 26min - 62 - CTL 39: Dúo Crúas
Crúas é un dúo de piano (Iria Sanmarcial) e voz (Alba Ermida) que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.
Wed, 08 May 2024 - 1h 15min - 61 - CTL 38: Revista NéboaWed, 01 May 2024 - 1h 52min
- 60 - CTL 37: Sara SanzWed, 24 Apr 2024 - 2h 05min
- 59 - CTL 36: Jose TurvegalWed, 17 Apr 2024 - 1h 52min
- 58 - CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño
Temos unha entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático. Charlamos do proceso, as claves da peza, o casting…non podedes perdelo! Estrean o 11 de abril.
Wed, 10 Apr 2024 - 1h 06min - 57 - CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal
Temos a dous invitados con nós, mais esta vez por separado. Si unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. Fran Nuñez, director do CDG, cóntanos dos plans que ten o centro para os próximos meses. Roberto Casal, membro da compañía Teatro ó Cubo, fálanos do espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”, que percorrerá a xeografía galega cunhas case cen funcións.
Wed, 03 Apr 2024 - 1h 11min - 56 - CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí
Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Comic. Temos con nós ós creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente e editada por Galaxia: “Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...”
Wed, 27 Mar 2024 - 26min - 55 - CTL 32: Bruno Arias
O cineasta vigués, nominado nos últimos Mestre Mateo polo documental “Os espazos en branco”, cóntanos da experiencia de falar da súa tía Xela Arias. Anteriormente participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), e mais en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, co que desenvolve varios proxectos desde diversos lugares do proceso creativo.
Wed, 20 Mar 2024 - 2h 13min - 54 - CTL 31: Sara Vila e Tensi GesteiraWed, 13 Mar 2024 - 1h 01min
- 53 - CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual
David e Alex Penabade fundaron en 2007 Adarme Visual en Vigo. Falamos con el de “Ollar, Escolma de Fotografía Galega Contemporánea”. Son unha serie de documentais monográficos con fotógrafos galegos. Nesta primeira selección, xa que agardan facer máis, están: Manuel Sendón, Eva Díez, Javier Teniente, Raquel Calviño e Miguel Vidal.
Wed, 06 Mar 2024 - 32min - 52 - CTL 29: Gala Dacosta
Di de si mesma: “Son unha xornalista con inquedanzas, motivación e vea creativa. Na miña experiencia procuro observar, decodificar e comunicar o que acontece ao meu redor prestando atención á boa escrita e á veracidade, sempre con ollada crítica. A curiosidade lévame a seguir explorando e analizando a actualidade, especialmente nas cuestións sociais, na esfera dixital e poñendo o foco sobre os distintos sectores da cultura.”
Wed, 28 Feb 2024 - 1h 24min - 51 - CTL 28: Academia do Teatro Galego
Membros da Academia do Teatro cóntannos dos proxectos que foron presentar ó CulturGal. Observatorio do Teatro Galego, un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega que está a ser dirixido polo Prof. Dr. Carlos Caetano Biscainho-Fernandes. Máis recentemente a academia tamén ven de colaborar na creación dunha base de datos online (https://rptg.gal/proxecto ) para recuperar o patrimonio teatral de Galiza entre 1936 e 1973.
Wed, 21 Feb 2024 - 32min - 50 - CTL 27: Celso Fernández Sanmartín
Di de si mesmo: Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela. Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais. Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores. Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade. De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral.
Son poetaWed, 14 Feb 2024 - 56min - 49 - CTL 26: As mulleres da conserva de Matria
Matria, de Álvaro Gago, está presente nos últimos Premios Goya. Tivemos o pracer de poder charlar coas mulleres da conserva que saen na película e, especialmente, coa protagonista do que foi a curtametraxe e persoa na que está baseado o filme: Francis. Acompañádenos nesta charla chea de anécdotas, bromas, alegría e tamén reflexións moi necesarias. Álvaro estivo presente tamén. Tremenda experiencia.
Wed, 07 Feb 2024 - 1h 24min - 48 - CTL 25: Desexo, de Talía Teatro
Temos con nós á compañía Talía Teatro, que veñen a falarnos dun proxecto moi interesante. Un proceso de investigación e posterior espectáculo sobre o uso da pornografía na adolescencia. Estarán en seis centros de secundaria facendo Teatro Foro cos alumnos, o que se traducirá nun espectáculo que se vai estrear este maio de 2024.
Wed, 31 Jan 2024 - 36min - 47 - CTL 24: Felipe LageTue, 23 Jan 2024 - 50min
- 46 - CTL 23: Leticia ReyTue, 16 Jan 2024 - 2h 03min
- 45 - CTL 22: Fernando Castro Paredes
Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Charlamos con el do seu último libro Entomoloxía para misioneiros.
Tue, 09 Jan 2024 - 29min - 44 - CTL 21: Noa PresasTue, 19 Dec 2023 - 1h 03min
- 43 - CTL 20: Jaione Camborda
Temos con nós á directora de O Corno, recente gañadora da Concha de Ouro 2023. Falamos de diferentes planos do filme, a súa estética e por suposto a temática clave na que se aventura Jaione e o seu equipo. É a primeira directora española que gaña este premio, e faino cun filme en galego rodado na Illa de Arousa principalmente.
Tue, 05 Dec 2023 - 31min - 42 - CTL 19: Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais
Desta volta, despois de superar caídas de luz e temporais, charlamos cunha familia fascinante: a xornalista (parte da tribo de Luzes) Cláudia Morán e o músico Brais Morán. Falamos do seu pasado, en que andan profesionalmente e tamén dos tempos nos que andamos últimamente. Temos pendente unha comida para seguir charlando do ben que o pasamos. Agardamos que vós tamén!
Wed, 22 Nov 2023 - 1h 22min - 41 - CTL 18: Sara Pérez Seijo
Está con nós unha xornalista, de Salceda de Caselas, investigadora do Grupo Novos Medios, é doutora en Comunicación e Información Contemporánea por la Universidade de Santiago de Compostela e profesora axudante nesta mesma institución. Falamos de xornalismo inmersivo e da situación da profesión dende varias perspectivas.
Tue, 07 Nov 2023 - 44min - 40 - CTL 17: Sica Romero
A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou.
Tue, 24 Oct 2023 - 1h 46min - 39 - CTL 16: Sara Donoso
Sara Donoso cóntanos a experiencia do XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13. O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas.
Tue, 10 Oct 2023 - 49min - 38 - CTL 15: Códice K
Neste programa nunca pode faltar o teatro! Chegamos algo tarde con respecto á estrea, mais Códice K está de xira. Temos con nós a parte do equipo artístico da peza. En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.
Tue, 26 Sep 2023 - 42min - 37 - CTL 14: Alba Guzmán Falcón
Abrimos tempada cunha das novas voces da literatura galega. Ourensana, ven de gañar diversos premios. Entre eles o Xuventude Crea. A súa novela publicada en Xerais, Xoaniña de Deus, está dando moito que falar. Mais falamos con ela non só diso, senon de moito máis: o seu proceso de traballo, de onde sae a súa vocación… non o podedes perder!
Tue, 12 Sep 2023 - 1h 40min - 36 - VerMIT23: Producións Excéntricas. “Auto do Castromil”
Falamos coa xente ProVisitamos o a oficina central da compañía. Temos con nós a Quico Cadaval (director e adaptador dos textos de Manuel María) e ás actrices Patricia Vázquez e Rocío González. Foi gañador do Certame Manuel María de proxectos teatrales, na súa 3ª edición. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Pecha a edición deste ano da MIT!duccións Excéntricas
Sun, 23 Jul 2023 - 43min - 35 - VerMIT23: Mujer en obras. “Cucaracha con paisaje de fondo”.
Un balneario perdido onde as mulleres que non poden ter fillos van tomar as augas. Un lugar cutre onde residen enfermeiras e pacientes, mulleres suspendidas nun tempo de espera infinito cuxa integridade se verá en perigo pola chegada dun visitante indesexable. O desexo de ser nai e a extinción do ser humano como a máxima conclusión do ecoloxismo na Terra. Estes son algúns dos temas nos que a empresa Mujer En Obras centra as súas investigacións neste orixinal traballo que combina verso e prosa. Estiveron con nós Javi Ballesteros (autor e director) e María Jáimez (actriz). O último programa que gravamos, mais non o derradeiro VerMIT…quedan dous por emitir!
Sun, 23 Jul 2023 - 42min - 34 - VerMIT23: Especial Clown (Rui Paixão, Jouse García e NegroLópez)
Neste episodio especial falamos do mundo do clown da man de Rui Paixão (premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente no circo contemporáneo, participó en uno de los mayores festivales del mundo, el Fringe Festival de Edimburgo. Recientemente ha sido seleccionado para la última producción del Cirque du Soleil en China convirtiéndose así en el primer payaso portugués en conseguirlo. Al mismo tiempo colabora regularmente como intérprete con la compañía de teatro físico y nuevo circo Radar 360.
Sun, 23 Jul 2023 - 43min - 33 - VerMIT23: Teatro del barrio. “Homenaje a Billy el Niño”
Unha obra que leva as pegadas do noso pasado: en xullo de 1977, Antonio González Pacheco, un policía máis coñecido como Billy the Kid, foi galardoado coa medalla de prata ao mérito policial. E o ministro que tivo a iniciativa, Rodolfo Martín Villa, recoñeceu os servizos prestados polo axente á patria franquista e á Transición, e mesmo pareceu albiscar que esa carreira profesional xeraría beneficios para a moza democracia. Os que nin sequera estiveron na pintura nesa homenaxe foron os homes e mulleres que foron torturados por Billy El Niño e, por iso, aquí se lles dá voz: para que recorden a súa historia e axuden a visibilizar toda a violencia con que tamén están construídos a transición.
Fri, 21 Jul 2023 - 47min - 32 - VerMIT23: A Panadaría. “As que limpan”
"Por favor, limpa a habitación". Ó volver da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño inmaculado. As invisibles levan ás costas un precario sistema turístico. O espectáculo fala da loita organizada das empregadas de hostalería para acadar dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a voraz cobiza dos donos das cadeas hoteleiras. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman conversan con nós de todo isto e máis.
Thu, 20 Jul 2023 - 47min - 31 - VerMIT23: Matarile Teatro. “Fráxil. Handle with care.”
Falamos da terceira parte da denominada “Triloxía da fraxilidade”. A compañía galega propón mostrar un saber retorcido, iluminado oblicuamente. Neste modo de pensar tan atrevido que nos caracteriza como persoas, propoñen recoñecer o que non se pode dicir e só se pode amosar sen necesidade de preguntarnos se algo é verdade ou se pasou de verdade. Do mesmo xeito que soñamos con lugares, tamén podemos fantasear con encontros desexados que puideran ocorrer e construír a partir de relatos ucrónicas.
Wed, 19 Jul 2023 - 53min - 30 - VerMIT23: Compañía Sr.Smith. “If (La ligereza)”
Neste episodio temos a visita dunha chea de xente. En concreto, parte do reparto da peza. é un xogo de ficción, un espello deformador de como serían posibles outros eus, de como se vivirían outras vidas. Ficción e realidade fúndense nun xogo de realidades onde a vida e a arte se enfrontan e conviven.
Tue, 18 Jul 2023 - 38min - 29 - VerMIT23: Las Huecas. “Aquellas que no deben morir”
Hoxe visitan o noso programa un coletivo catalán de actrices que están axitando a escena contemporánea. O seu espectáculo fala da morte. Comezaron a traballar en como lles gustaría morrer, como lles gustaría que morran os demais e como lles gustaría acompañalos no loito. Isto foron as tres patas iniciais do proceso. Descubrimos a obra con dúas delas, Júlia Barbany e Núria Corominas.
Mon, 17 Jul 2023 - 40min - 28 - VerMIT23: Alessandra García. “Mujer en cinta de correr sobre fondo negro”.
Temos con nós á gañadora do Premio Max ó espectáculo Revelación 2022. E finalista como actriz e autora ese mesmo ano. A peza é unha radiografía de diferentes cidadáns dun barrio humilde. Reflexiona sobre superprodución téxtil, capitalismo, entretemento, cultura, idiomas, alcumes e sector servizos. Mais, sobre todo, esta historia é risa e pensamento.
Sun, 16 Jul 2023 - 43min - 27 - VerMIT23: Marina Otero e FIBA. “Fuck me”
Abrimos as charlas coas compañías que actúan no Castelo cunha bailarina e performer arxentina. Os seus traballos deron moito que falar en grandes festivais europeos e latinoamericanos. Escolleu a “autoficción” como o seu xénero preferido, e afirma que lle gusta “poñerse en perigo”. “Fuck me” abre a MIT 2023, e non deixará indiferente a ninguén.
Sat, 15 Jul 2023 - 40min - 26 - VerMIT23: Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso. Premios de Honra deste ano.
Tivemos una viaxe fantástica con dúas persoas clave para a cultura galega. Podemos dicir que forman parte indispensable da creación e impulso do teatro profesional galego. Luís, xornalista, tivo boa parte da “culpa” das liñas básicas que forman agora por exemplo o AGADIC. Eduardo, con Teatro do Noroeste (entre outras moitas facetas), leva unha longa traxectoria como dramaturgo e director. Un pracer e unha honra abrir esta aventura con eles.
Sat, 15 Jul 2023 - 1h 48min - 25 - CTL 13: Rebeca Montero e Marcos Orsi
O CDG ten en cartel un novo espectáculo, con catro direccións diferentes. Falamos desta experiencia don dúas persoas do seu reparto. Tamén de máis cousas, como por exemplo o día da Commedia dell’ arte. Celebramos o entroido como debe ser: teatralizando o mundo. Ou como mínimo, aportando un pouco a el.
Tue, 21 Feb 2023 - 1h 36min - 24 - CTL 12: Álvaro Gago
Continuamos coas charlas “íntimas” do CTL. Desta vez, co director de cine galego Álvaro Gago, que está a nada de estrear a súa longametraxe Matria. Estará no na Berlinale deste ano, na sección Panorama, facendo historia para o audiovisual galego. Conversamos sobre o seu proceso de traballo, o traslado da curtametraxe á longametraxe, e moitas cousas máis. Se queredes coñecer un pouco máis a este talento do noso contexto cultural, este é o voso programa.
Tue, 07 Feb 2023 - 1h 34min - 23 - CTL 11: Guadi Galego
Temos un programa moi especial. Charlamos coa cantautora galega do seu novo disco, Roibén. Unha viaxe a través de cada canción, na que aproveitamos para divagar por outros lugares e polo presente. Un traballo arriscado e íntimo, esperanzador e crítico. "Roibén acabou seendo o que é porque abrimos paso entre a escuridade", así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoción que conforman "un disco de transición e de contrastes, que retrata a luz que hai sempre en toda escuridade".
Tue, 24 Jan 2023 - 1h 02min - 22 - CTL 10: Sara Donoso e Martín Varela
Facemos desta vez unha sixerxia entre mago Martín Valera e a xestora de arte Sara Donoso. Falamos de cadros, exposicións…o novo espectáculo de Martín que se chama Inventio. En que consiste o traballo que hai detrás do CGAC ou o DIDAC? Tamén conversamos sobre o proceso de traballo dun gran espectáculo de maxia actual e de xira por Galicia e o resto da península. Recomendamos movementos, museos…e tamén algún debate que outro.
Tue, 10 Jan 2023 - 1h 10min - 21 - CTL 9: Especial ano María Casares
Isto tiña que pasar. Neste 2022 celebráronse os cen anos do nacemento da actriz galega. Temos con nós a Sabela Hermida e Nerea Brey, expertas na súa figura e tamén a levaron polos escenarios galegos e peninsulares. Conversamos, para pechar o ano, en profundidade sobre a vida e traxectoria desta coruñesa emigrada a Francia. Válido para descubrila e tamén para profundizar máis nesta persoa tan fascinante que deu nome ós premios do teatro galego.
Tue, 27 Dec 2022 - 1h 21min - 20 - CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira
Aventurámonos a un novo encontro cultural. Abrindo unha nova porta para o programa coa cociña e o audiovisual. Visítannos a deseñadora e cociñeira Xiana, autora de As receitas de Xiana. E tamén o director Jorge Coira, que prepara nova película a estrear nos próximos meses. Charlamos destas cousas e máis, poñede a orella para descubrilo.
Tue, 13 Dec 2022 - 1h 05min - 19 - CTL 7: María Solar e Manu “Caamagno”
Traemos desta vez dúas presentacións bastante recentes. María Solar presenta “A Culpa”, recente Premio Xerais 2022. Unha historia de tres mulleres e a evolución sorprendente das súas vidas. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega. Traen “O mundo está derrotado”; unha mestura de entusiasmo, política e humor. Un pracer xuntar persoas tan fascinantes neste o noso/voso podcast.
Wed, 30 Nov 2022 - 1h 00min - 18 - CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto
Volvemos á casa. E recibimos a unha cantante e un escultor, completando o programa que fixeramos na Galería Dupla. Nastasia presenta “But Life Is Beauty Full”. Viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor? A arte véndese, aínda que vos pareza raro. Compartimos reflexións, risas. A despois unha comida preciosa, que non está gravada mais non todo vai ser co micro. Disfrutade!
Tue, 15 Nov 2022 - 1h 14min - 17 - CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez)
Invadimos o Auditorio Municipal de Vigo. Levamos as armas perigosas de gravar e fixemos que os protagonistas de Backstage, unha comedia clown para toda a familia, nos deixasen algo do seu tempo para poder falar do espectáculo. Un músico está a punto de dar un concerto en solitario. Estase preparando. Este é o punto de partida, doses de metateatro para mostrar o que non se ve, coas peripecias varias e requeridas da fricción cómica. Viaxamos no tempo con eles, nada menos. Tamén nos deu tempo para homenaxes.
Tue, 01 Nov 2022 - 58min - 16 - CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez
O programa aterriza nunha galería de arte, Dupla, recén estreada en Santiago de Compostela. A súa directora, Lucía C. Suárez, experta en arte contemporáneo sitúanos o inicio desta aventura con dous artistas que coñece ben: Lara Pintos (pintora) e Iván Prieto (escultor). Rosalía fálanos Desnortada, o seu último poemario. Falamos de arte, dos seus usos e motivacións, xusto no centro de Dupla. Tremenda viaxe.
Tue, 18 Oct 2022 - 1h 02min - 15 - CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo
Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando “Recortes, caneos e outras formas de driblar” como parte do equipo que Ainé Producións e o CDG poñen en xogo no Salón Teatro e despois en xira por Galicia. David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco Road To Balance. Facemos de punto de encontro interxeracional. Aproveitamos para charlar con eles de fútbol, raíces do jazz, situación da cultura galega…tendes que escoitalo.
Tue, 04 Oct 2022 - 1h 27min - 14 - CTL 2: Uxía e Carlos Callón
Colle impulso setembro. Temos con nós a dous referentes da galeguidade. Uxía preséntanos o seu novo disco, De tu casa a la mía, unha ponte que estableceu con Javier Ruibal para conectar a Rosalía con Lorca. Carlos fálanos do seu O libro negro da lingua galega. Xuntos, comentamos a situación actual do galego. Socioloxía, arte, poesía…mestura empática neste novo encontro de Cultura a todas Luzes.
Tue, 20 Sep 2022 - 1h 06min - 13 - CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo
Chega o primeiro programa regular de Cultura a todas Luzes. Con cabeceira nova e figura á que lembrar: Roberto Vidal Bolaño. Vinte anos fan xa esta semana do seu pasamento (11/09/02). Un día antes do aniversario faise en Compostela un congreso para repasar a súa traxectoria vital e profesional. Aquí teredes un anaco de charla co seu fillo Roi e Nuria, organizadora do congreso. Disfrutade e descubride con nós a Roberto!
Tue, 06 Sep 2022 - 1h 23min - 12 - VERMIT 11: Izaskun Fernández (El Patio) & Jokin Oregi (Marie de Jongh)
Último programa na MIT, cos espectáculos que se puideron ver o domingo 24 na Igrexa da Madalena e no castelo. Dúas compañías vascas e amigas. No caso de Izaskun tráennos con Conservando memoria a historia dos catro avós da actriz. Un espectàculo cercano e emotivo, co que viaxamos tentando gardar o tempo coa xente que queremos. No caso de Jokin e a súa compañía, tráennos un espectáculo sen texto co que investigan o querer coa nosa xente cercana. A estructura son pinturas costumbristas de gran beleza e poesía. Un regalo co que pechar esta gran edición, pasada pola calor e moita memoria histórica e persoal.
Mon, 25 Jul 2022 - 1h 02min - 11 - VERMIT 10: Pedras de cartón & Inversa Teatro
O penúltimo programa na MIT 22. Con dúas compañías galegas. A primeira, coruñesa, adicada ó teatro familiar. Juan Rodríguez e Pablo Sánchez traen a Ribadavia o seu espectáculo Quixote, que fixeron na Alameda do pobo. Adaptaron as aventuras cervantinianas. A propia compañía xa naceu co obxectivo de acercar os clásicos ó público infantil e familiar. Por outra banda, temos con nós a Marta Pérez e Carlos Álvarez-Ossorio, autora (e actriz) e director do espectáculo O péndulo. É o resultado dun proceso de investigación e selección que parte da memoria familiar da propia Marta, pero deriva tamén noutras familias e casos de fusilados na Guerra Civil. Son as mulleres as que levan o fío, contándonos unhas historias que teñen todo de verdade e nada de ficción.
Sun, 24 Jul 2022 - 1h 15min - 10 - VERMIT 09: Incendiaria & A Quinta do Cuadrante
Hoxe traemos un 2x1 que son 4, dúas compañías que unen forzas da man de Manuel María. Fan unha versión contemporánea e libre de A lúa vai encuberta, obra que o lugués escribiu no 1977. A peza fai un percorrido tamén por determinados momentos da memoria histórica galega, facéndonos pensar na mentalidade galega da actualidade. Falamos con eles de política, teatro, anécdotas…quedounos nada para arranxar o país.
Sat, 23 Jul 2022 - 59min - 9 - VERMIT 08: Alberto Conejero e Roberto Pascual
Hoxe facemos unha mestura especial: o director da MIT e un recoñecido dramaturgo madrileño. Conejero presenta un espectáculo chamado EL Mar: Visión de unos niños que no lo han visto nunca, que realizou con Xavier Bobés. A idea foi levar ó teatro a historia dun mestre que foi asasinado na Guerra Civil. Tiña un método de ensinanza libre a través dunha pequena imprenta coa que levaba ó papel os escritos dos nenos. Acompáñanos tamén Roberto Pascual, para falarnos non só da súa xestión de xa trece anos coa MIT…estrea o seu rol como dramaturgo con Sofía non é meu nome de guerra. Falamos de todo un pouco con eles.
Fri, 22 Jul 2022 - 55min - 8 - VERMIT 07: Glória Ribera e Guillem Vizcaíno
Desta volta facemos un encontro entre dúas compañías mediterráneas: José y sus hermanas e D’es Tro. O artesanal (no caso de Guillem) e o tecnolóxico (no de Glória) como propostas estéticas. Tamén falamos do proceso individual e o colectivo. En Explore el jardín de los cárpatos, José y sus hermanas fan unha irónica crítica ó turismo actual, a través dunha posta en escena moi basada nos xogos de videocreación e telerealidade. Guillem, campeón mundial en estilo libre coa peonza, mestura o circo e as lembranzas co seu avó para contarnos unha historia contada dende a calma e a conexión coa natureza.
Thu, 21 Jul 2022 - 55min - 7 - VERMIT 06: Alba Bermúdez & Tone Martínez (Galeatro) e Victor Hugo Pontes
Desta volta temos unha fusión galaico-portuguesa. Tomamos o vermú coa compañía galega Galeatro, que presentan na MIT Arte sen guión, un espectáculo ambientado no medievo baseado en xogos de improvisación. Unha comedia fresca e directa, con cancións e Historia galega. Tamèn falamos con Victor Hugo Pontes, principal capitán da productora Nome Própio, encargada de Margem…un espectáculo de danza e teatro que adapta ó presente a novela Capitães da areia de Jorge Amado. Recolleu historias sobre a marxinalidade infantil na actualidade para traballar despois cun casting de doce rapaces. Sumàndolle oito galegos foron vinte en escena.
Wed, 20 Jul 2022 - 1h 13min - 6 - VERMIT 05: Fran Sieira e Artur Puga
A compañía de danza de Fran Sieira chega á MIT co seu espectáculo Demente. Froito dunha investigación sobre os trastornos mentais e a marxinalidade que producen, cóntannos o seu proceso de traballo ata chegar ó resultado final. Dende a base do baile tradicional galego mesturan tamén outros estilos para unha proposta fascinante. Presente tamèn a tanxugueira Aida Tarrío, conmoveron ó público de Ribadavia coa súa fusión íntima e de raíz.
Tue, 19 Jul 2022 - 49min - 5 - VERMIT 04: Esther Carrodeguas e Xabier Castiñeiras
A compañía ButacaZero volve a Ribadavia. Xa estrearan o seu primeiro espectáculo aquí, no ano 2016. Neste caso é cun espectáculo moi diferente a nivel formato. Unha “Lecture Performance” ou conferencia performativa que nos trae a investigación de Esther dun tema tan interesante como duro e silenciado: as mulleres rapadas da Guerra Civil. Rapadas trae casos que foron chegando a nós a través da memoria de persoas por todo o territorio español, que curiosamente teñen puntos en común moi similares. Que significaba estar/ser rapada? Cóntannolo no programa.
Mon, 18 Jul 2022 - 49min - 4 - VERMIT 03: Esther López e Aitor Galisteo-Rocher
Temos con nós a dous intérpretes da compañía catalana La Calórica, moi acorde con estes días. Adaptaron Las Aves de Aristófanes, traéndo aquela historia simbólica ambientada na Atenas clásica á actualidade. Os conflictos das polis non cambiaron tanto ao longo dos anos. Igual que as dificultades da democracia. A dramaturxia fou de Joan Yago e a dirección de Israel Solá, aínda que nos contaron os actores que o proceso foi totalmente en equipo.
Mon, 18 Jul 2022 - 43min
Podcasts semelhantes a Cultura a todas Luzes
El Partidazo de COPE COPE
Herrera en COPE COPE
La Linterna COPE
Panda Show - Sin Picante El Panda Zambrano
Es la Mañana de Federico esRadio
La noche de Cuesta esRadio
La Trinchera de Llamas esRadio
Hondelatte Raconte Europe 1
Affaires sensibles France Inter
LEGEND Guillaume Pley
El colegio invisible OndaCero
La Rosa de los Vientos OndaCero
Les grands dossiers de l'Histoire par Franck Ferrand Radio Classique
Espacio en blanco Radio Nacional
Enquêtes criminelles RTL
Entrez dans l'Histoire RTL
Le grand récit RTL
Les Grosses Têtes RTL
L'Heure Du Crime RTL
El Larguero SER Podcast
Nadie Sabe Nada SER Podcast
SER Historia SER Podcast
Todo Concostrina SER Podcast
Un Libro Una Hora SER Podcast
