Filtra per genere

Cultura a todas Luzes

Cultura a todas Luzes

Luzes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco. Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.

71 - CTL 48: Vázquez, Novas e Blanco
0:00 / 0:00
1x
  • 71 - CTL 48: Vázquez, Novas e Blanco

    Volvemos das vacacións! E facémolo cun encontro que se produciu no querido Festival de Cans este ano. Unha charla entre tres grandes da interpretación galega: María Vázquez, Tamar Novas e Carlos Blanco.

    Só avisamos que fomos sen escaleta e con liberdade. Fresco e libre para retomar as rutinas. Felices de volver e con esta sorte!

    Wed, 18 Sep 2024 - 35min
  • 70 - CTL 47: Araceli Gonda

    Neste programa facemos unha vinculación entre onúmero #130 de Luzese o podcast. Trátase dunha retrospectiva da xornalista e guionista Araceli Gonda. Nacida nunha aldea de Gondomar, pasou pola TVG e moitos proxectos de televisión e cine. 4º sen ascensor, Padre Casares, Os Atlánticos…e máis recientemente Hierro, Me he hecho viral, Cuñados…viaxamos no tempo con ela.

    Sat, 20 Jul 2024 - 2h 14min
  • 69 - CTL 46: Fillas de Cassandra

    Fin de temporada por todo o alto! Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo. Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.

    Wed, 26 Jun 2024 - 55min
  • 68 - CTL 45: Pau Teixidor

    "ALUMBRAMIENTO" (estreada o 19 de xuño) é a segunda longametraxe como director de Pau Teixidor, a película está inspirada en feitos reais e conta a historia de Lucía, unha adolescente que queda grávida en España en 1982. Protagonizada por Sofia Milan, no seu primeiro papel cinematográfico, "ALUMBRAMIENTO" reúne a un prometedor elenco de novas actrices e xunto a María Vázquez entre outras veteranas actrices e actores. O guión está escrito polo propio Teixidor xunto con Lorena Iglesias. Outra charla por Cans! Penúltimo programa desta tempada.

    Wed, 19 Jun 2024 - 33min
  • 67 - CTL 44: Su Garrido & Fran Rodríguez & Coral Piñeiro

    Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. Fran e Coral móvense no mundo audiovisual, e forman parte do coletivo Memoria e Cinema. Falamos do documental Patios de luz, e principalmente…da importancia das aldeas ;).

    Wed, 12 Jun 2024 - 54min
Mostra altri episodi