Filtrar por género

Todos os podcast | Lambóns dixitais

Todos os podcast | Lambóns dixitais

AGalegaAudio

Todos os podcast do programa de actualidade tecnolóxica da Radio Galega

101 - Lambóns dixitais 05-09-2026
0:00 / 0:00
1x
  • 101 - Lambóns dixitais 05-09-2026

    Para saber que nos ofrece Lérez Up, o Salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra, falamos cunha das súas organizadoras, Rocío Fernández. Javi Mos comenta as novas medidas que Meta se comprometeu a aplicar en Facebook e Instagram para evitar a adicción dos menores. Tamén nos di cales foron as aplicacións máis descargadas en España en agosto e nos explica que é Drama Wave. Marcus Fernández fálanos dun servizo de Microsoft para converter discos físicos de videoxogos en licenzas dixitais.

    2026-09-05
  • 100 - Lambóns dixitais 16-06-2026

    Os incesantes avances da Intelixencia Artificial ameazan o futuro dos programadores. Diso falamos con Rafael Grin Rivas, un dos responsables de Wenbii. Contamos tamén co fundador de Weblogs, Antonio Ortiz, para comentar con el o potencial de Claude, a plataforma de IA de Anthropic, e os riscos que supón a súa utilización sen límites. Con Antonio conversamos tamén sobre a responsabilidade legal dos buscadores. Javi Mos explícanos que é o freemium e Marcus Fernández anúncianos a próxima saída á venda do videoxogo "The Legend of Zelda: Ocarina of time" e o regreso de FIFA ao mundo dos vieoxogos en alianza con Netflix.

    2026-06-16
  • 99 - Lambóns dixitais 09-06-2026

    Leandro menéndez, organizador do Galicia Podcast Summit, fálanos da próxima edición deste encontro creado para impulsar e compartir o podcasting. Javi Mos cóntanos que o Reino Unido deulle un ultimato ás plataformas para que eviten a poublicación de fotos de menores espidos. Tamén nos fala dun experimento sobre o comportamento da IA en sociedade. Comentamos as posibles repercusións da saída a bolsa de Open IA. Marcus Fernández anuncia que Lobezno terá un videoxogo e que Xbox sacará ao mercado unha edición especial.

    2026-06-09
  • 98 - Lambóns dixitais 02-06-2026

    Neste programa coñecemos a Emilio Fernández, Milu, un blogueiro coruñés que cada semana, entre xornada e xornada de Liga, percorre tantos kilómetros como marque o resultado do seu equipo, o Dépor. Javi Mos cóntanos como uns hackers conseguiron enganar a IA de Meta para trolear contas de Instagram. Tamén comenta a intención de Google de permitir crear anuncios coa axuda da súa IA. Ademais falamos da nova familia de procesadores de Nvidia, os RTX Spark. Marcus Fernández anuncia que a nova versión do xogo Call of Duty non servirá paras a PS4, pero si para a Switch 2 e explica cales serán as novas funcións que aplicará gmail. Entre elas está a posibilidade de cambiar o noso enderezo electrónico.

    2026-06-02
  • 97 - Lambóns dixitais 26-05-2026

    Pronto se desenvolverá unha nova edición da Maker Faire Galicia. Dous dos organizadores do evento, Quique Saavedra e Tania Silva, fálannos dos contidos desta xornada de emprendemento e innovación social. Explicamos que é Ideolingal, un proxecto impulsado polo Instituto da Lingua Galega para investigar as ideoloxías lingüísticas e a construción de identidades en Galicia, centrando a súa atención no papel emerxente dos creadores de contido dixital. Javi Mos cóntanos as novidades publicitarias de Youtube para as televisións conectadas e anuncia que China implantará a Intelixencia Artificial como asignatura troncal. Marcus Fernández comenta a suba de tarifas de Starlink en España.

    2026-05-26
Mostrar más episodios