Nach Genre filtern

Todos os podcast | Ondas indies

Todos os podcast | Ondas indies

AGalegaAudio

Ondas Indies é un programa no que se viaxa pola música indie pop que se fai no mundo e en especial en Galicia. Novidades, Concertos, Festivais, Entrevistas, Peticións e melodías bailables desque entras ata que saes do territorio dos IndiPendentes.

121 - A `eterna constanza´de Mundo Prestigio
0:00 / 0:00
1x
  • 121 - A `eterna constanza´de Mundo Prestigio

    No capítulo 193 de Ondas Indies temos de convidados os vigueses Mundo Prestigio  co seu Eterna Constanza. No disco da semana Ari Magritte e as coruñesas Leria. Nas novidades musicais os vigueses Isius e no Caixón de Xastre Paco Lamilla pon a Ángela Pardal e G. Parsi. 

    2024-05-09
  • 120 - O amuleto de Grampoder

    No capítulo 192 de Ondas Indies temos de convidados os composteláns Grampoder co seu novo traballo, Amuleto. No disco da semana Ari Magritte co último de Bala, e nas novidades da semana os santiagueses mariagrep e Carlangas. A despedida adicámoslla a Luz Casal, que está a piques de celebrar 40 anos da publicación de`Los ojos del gato`.

    2024-05-02
  • 119 - Lina de Sol vaise ao Mad Cool

    No capítulo 191 de Ondas Indies temos de convidada á viguesa Lina de Sol. Finalista na última edición de OT, agora conseguiu a través doutro concurso ser seleccionada para o Mad Cool. No disco da semana, Ari Magritte co novo traballo de O Caimán do Río Tea. E nas novidades musicais, Aparato, Grampoder e  os vigueses  Isius.

    2024-04-25
  • 118 - As cancións para bailar de Santi Araújo

    No capítulo 190 de Ondas Indies temos de convidado o pontareán Santi Araújo que acaba de publicar `Canciones para bailar´. No disco da semana Ari Magritte co novo traballo de Nano Mz. E nas novidades musicais o último dos composteláns Grampoder e da portuguesa e vocalista de Néboa, Sús.

    2024-04-18
  • 117 - Azul vindeiro por Devalo

    No capítulo 189 de Ondas Indies temos de convidado a David Miranda, Devalo, co seu novo disco: `Azul vindeiro´. No disco da semana Ari Magritte trae a Luis Fercán e no Caixón de Xastre Paco Lamilla pon a Santi Guerra e Javi Chapela. Nas novidades escoitamos a Tanxugueiras con Fillas de Cassandra e a Manuel Seixas.

    2024-04-11
Weitere Folgen anzeigen