Filtra per genere
- 121 - A `eterna constanza´de Mundo Prestigio
No capítulo 193 de Ondas Indies temos de convidados os vigueses Mundo Prestigio co seu Eterna Constanza. No disco da semana Ari Magritte e as coruñesas Leria. Nas novidades musicais os vigueses Isius e no Caixón de Xastre Paco Lamilla pon a Ángela Pardal e G. Parsi.
2024-05-09 - 120 - O amuleto de Grampoder
No capítulo 192 de Ondas Indies temos de convidados os composteláns Grampoder co seu novo traballo, Amuleto. No disco da semana Ari Magritte co último de Bala, e nas novidades da semana os santiagueses mariagrep e Carlangas. A despedida adicámoslla a Luz Casal, que está a piques de celebrar 40 anos da publicación de`Los ojos del gato`.
2024-05-02 - 119 - Lina de Sol vaise ao Mad Cool
No capítulo 191 de Ondas Indies temos de convidada á viguesa Lina de Sol. Finalista na última edición de OT, agora conseguiu a través doutro concurso ser seleccionada para o Mad Cool. No disco da semana, Ari Magritte co novo traballo de O Caimán do Río Tea. E nas novidades musicais, Aparato, Grampoder e os vigueses Isius.
2024-04-25 - 118 - As cancións para bailar de Santi Araújo
No capítulo 190 de Ondas Indies temos de convidado o pontareán Santi Araújo que acaba de publicar `Canciones para bailar´. No disco da semana Ari Magritte co novo traballo de Nano Mz. E nas novidades musicais o último dos composteláns Grampoder e da portuguesa e vocalista de Néboa, Sús.
2024-04-18 - 117 - Azul vindeiro por Devalo
No capítulo 189 de Ondas Indies temos de convidado a David Miranda, Devalo, co seu novo disco: `Azul vindeiro´. No disco da semana Ari Magritte trae a Luis Fercán e no Caixón de Xastre Paco Lamilla pon a Santi Guerra e Javi Chapela. Nas novidades escoitamos a Tanxugueiras con Fillas de Cassandra e a Manuel Seixas.
2024-04-11 - 116 - A Foliada no Inferno de Boyanka Kostova
No capítulo 188 de Ondas Indies temos de convidados a Cibrán e Chicho de Boyanka Kostova. Veñen de publicar o seu sexto disco: `Foliada no Inferno´. No disco da semana Ari Magritte tráenos `42 gramos´, de Vértebras. E nas novidades o último de Ortiga e da padronesa Ángela Pardal. Tamén a Devalo.
2024-04-04 - 115 - O boom bap de Vértebras
No capítulo 187 de Ondas Indies temos de convidada a Ika Subversiva do dúo Vértebras.. Acaban de publicar o seu primeiro traballo: `42 gramos´. No disco da semana, Ari Magritte e The Rapants con`La máquina del buen rollo´. E nas novidades musicais o novo de Baiuca e da compostelá mariagrep.
2024-03-28 - 114 - Aprender a bailar con Anxo Araújo
Nas novidades escoitamos ´Foliada no inferno`, o último de Boyanka Kostova e ´Ni una sola palabra`de Dani Dicostas. No disco da semana, Ari Magritte tráenos Telvs Mater, de Xa´lum e coma convidado temos a Anxo Araújo e o seu ´Aprender a bailar`.
2024-03-21 - 113 - A tolemia polos Rapants
No capítulo 185 de Ondas Indies temos de convidados os muradáns The Rapants co seu terceiro disco `La máquina del buen rollo`. Nas novidades musicais, adianto en exclusiva do novo disco do pontevedrés Anxo Araújo. Tamén escoitamos o debut das viguesas Vértebras e, na sección do Disco da Semana Ari Magritte co último de Norteño&Reboiras.
2024-03-14 - 112 - De peregrinaxe con Carlos Ares
No capítulo 184 de Ondas Indies temos de convidado ao coruñés Carlos Ares, que vén de publicar o seu primero disco `Peregrino`. Ademáis nas novidades musicais atopamos a Bala, Lontreira, Santi Araújo e un adianto en exclusiva do vigués carballés Juan Castro. No Caixón de Xastre Paco Lamilla con Urdime, Anxo Araújo e Alana.
2024-03-07 - 111 - Un bonito despertar con Javi Maneiro
Temos de convidado ao pobrense Javi Maneiro, que vai pechar en Pontevedra a xira do disco ´Un bonito despertar` logo de percorrer Galicia. No Disco da Semana Ari Magritte ten o primeiro traballo do coruñés Carlos Ares. Nas novidades musicais atopamos a Guilherme Zapata, Ana Lúa Caiano e ao carballés 10 Kr.
2024-02-29 - 110 - Nos adentros de Mujeres
Nas entrañas de Mujeres No capítulo 182 de Ondas Indies convidamos aos barceloneses Mujeres, de xira por Galicia con concertos esta fin de semana na Coruña e Santiago. No apartado de novidades The Rapants e Ortiga. E no Caixón de Xastre Paco Lamilla cos vigueses The Twinpims e Lou Marco.
2024-02-22 - 109 - Saboreando aos Candy´s Freckles
No capítulo 181 de Ondas Indies estiveron os coruñeses Candy´s Freckles. Veñen de estrear disco e xa están preparando outro. Nas novidades musicais escoitamos o último de Baiuca e Mundo Prestigio. No Caixón de Xastre Paco Lamilla puxo a Prosmas e Pablo Mandó. Ademais repasamos os cinco videoclips nominados aos Premios Mestre Mateo e na sección Música para adultos rendemos homenaxe a Enrique Urquijo no aniversario do seu pasamento.
2024-02-16 - 108 - Abrimos Galicia MusiCalidade
Noel Turbulencias e Victoria Sánchez son os convidados ao programa desta semana. Son os autores do proxecto Galicia MusiCalidade, unha publicación que realiza unha radiografía da escena musical galega. Ademáis nas novidades musicais atopamos a Antía Muiño e Boyanka Kostova, e no Disco da Semana Ari Magritte tivo aos coruñeses Candy's Freckles.
2024-02-08 - 107 - Sede de Triángulo
Triángulo de Amor Bizarro presentou o seu disco `SED´na sala Capitol de Santiago. Neste 2024 fan 20 anos de carreira e o programa detense en facer un percorrido con eles por esas dúas décadas. Ademáis, nas novidades musicais atopamos un adianto en exclusiva no día da Candeloria e do ukelele, da man dos compoteláns a Ukestra do Medio. E, por último, tamén o novo dos muradanos The Rapants.
2024-02-01 - 106 - Amoebo cada vez mellor
Como convidado estivo Amoebo, que veñen de estrear o seu primeiro longo baixo o título ´Cada vez mellor´. Ademáis nas novidades musicais atopamos a Galician Army con Grande Amore e Futuro Alcalde e a Santi Araújo. No disco da semana Ari Magritte tivo ao vigués Castillo. Ademais, o Caixón de Xastre con Paco Lamilla, e a despedida estivo dedicada aos Surfin Bichos.
2024-01-25 - 105 - Mergullando con El Buzo
Nicolás Pastoriza que neste 2024 estreará un novo proxecto artístico chamado El Buzo foi o convidado, e deste álbum escoitamos en exclusiva un adianto do que será o seu primeiro disco. Ademáis nas novidades musicais atopamos a Mundo Prestigio e Guadi Galego, e no "Caixón de Xastre" Paco Lamilla ten a The Rizz Spirit e os coruñeses Candy´s Freckles.
2024-01-18 - 104 - Ondas indies asalta o castelo de Castillo
Entrevistamos o vigués Luis del Castillo, Castillo para a música, que despois de tocar nas rúas de Edimburgo e no propio porto de Vigo publica o seu primeiro traballo. No disco da semana Ari Magritte trae o novo traballo de Amoebo, 'Cada vez mellor', un álbum escrito Integramente en galego. E nas novidades musicais poñemos o último tema das Tanxugueiras.
2024-01-11 - 103 - Mentres dure o aplauso
Ondas indies estrea ano con Silvia Penide como convidada. A coruñesa vén de de presentar o seu novo traballo 'Mientras dure el aplauso'. As primeiras novidades musicais do ano tráennos a Elsa Muñiz e a Castillo. E no Disco da Semana AriMagritte ten o novo de Nano Suárez de Lis, aquí como Xackal.
2024-01-04 - 102 - Ondas indies selecciona o mellor de 2023
Fin de ano, tempo de reflexión e de bos propósitos. As indianas e indianos das Ondas elixen as cancións que máis lles gustaron de todo 2023: na escolma están Fillas de Cassandra e Galician Army, Bala ou Triángulo de Amor Bizarro; e tamén ten que caer algunha panxoliña indie.
2023-12-28 - 101 - Ondas indies chega ao día de Blanco Palamera
O inverno está chegando ao territorio indiano e hai que quecer con panxoliñas. No disco da semana temos o rap de Hard GZ, coa súa homenaxe a Galicia en 'La Costa'. E a entrevista é con Manu Blanco e Xoan Domínguez, que veñen por terceira vez ao programa para presentarnos 'Nuestro día llegará'.
2023-12-21 - 100 - Ondas indies treme coa explosión de Arde Bogotá
Un ano despois, Arde Bogotá volve ao territorio indiano. Dende entón convertéronse nun dos fenómenos da música española, gañaron un Ondas e foron nomeados en dúas categorías dos Grammy Latinos. Completamos o programa co 'Mientras dure el aplauso' de Silvia Penide, como disco da semana, e a estrea de 'Eu son', o habitual hit de Nadal do dúo dinámico Tony Lomba e Elio dos Santos.
2023-12-14 - 99 - Ondas indies abre a orella con Terbutalina
Torres e Migui visitan o territorio indiano na véspera de presentar en Santiago 'Era cabra', a última gravación do grupo de Muros na que, explican, abriron a creatividade a influencias como a música tradicional galega e o son de Nova Orleáns. Ademais, Ari Magritte convida a Óscar Avendeño para que soe The Bo Derek's no Disco da Semana e, nas novidades, temos a Guilhe Zapata, Boyanka Kostova e Vértebras.
2023-12-07 - 98 - Ondas indies amplía a paleta de sons con Los Zigarros
Ovidi, un dos membros de Los Zigarros, debúllanos o seu novo traballo, 'Acantilados', no que un dos grupo máis próximos ao rock and roll puro en castelán estende a súa gama de sons e que traerán en xira ata Santiago. No Disco da Semana, Ari Magritte pon o último de Blanco Palamera, un automanifesto e previsión de futuro, 'Nuestro día llegará'.
2023-11-30 - 97 - Ondas indies expón a 'Porca miseria' de The Bo Derek's
Óscar Avendaño visita o territorio indiano antes dos concertos que van dar en Vigo e en Santiago para seguir xirando o seu 'Porca miseria'. No disco da semana, Ari dá por pechada a crise de Terbutalina. E nós pechamos co 24ª aniversario dun fito, o 'Midnite Vultures' de Beck.
2023-11-23 - 96 - Ondas indies abre o xogo con Capital Voskov
Saudamos catro dos seis compañentes de Capital Voskov. Os muradáns proxectaron un EP e acabaron sacando un longo, 'Abrir el juego', con temas en galego e en castelán. O disco da semana chega con Zavala dende Ferrol. E do Caixón de Xastre sacamos a 'Perla' de Maud the Moth.
2023-11-16 - 95 - Ondas indies segue o manual de Zavala
Carla Romalde, vocalista, e Víctor Ledo, guitarrista, dannos as instruccións do "Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)", a estrea de Zavala. No disco da semana, Ari Magritte trae algo rArO, "Not my algorithm", e Paco Lamilla lévanos ao Bosque de Moloch no seu Caixón de Xastre.
2023-11-09 - 94 - Ondas indies queda sen aire con Caamaño&Ameixeiras
"Quitar o aire" é o novo traballo de Caamaño&Ameixeiras. Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras fálannos dun traballo que van presentar, tamén, por fóra de Galicia. O disco da semana é o "Vacaloura" de Zeltia Irevire, que levaba seis anos sen publicar. E con Paco Lamilla viaxamos polo espazo ata o "Sirius" de Virginia Red.
2023-11-02 - 93 - Ondas indies ora polos vinte anos de Dios Ke Te Crew
Mou (Javier Mourón) e a Sokram (Marcos Couso) convídannos á cerimonia final dos festexos polo vinte aniversario do grupo. Ari Magritte axuda a Caamaño&Ameixeiras a nos "Quitar o aire" e do Caixón de Xastre sacamos a Helen and Shana.
2023-10-26 - 92 - Ondas indies contempla as Estampas de Berlai
Xiao Somoza, Xiao Berlai na música, tráenos as 'Estampas Galegas' que acompañan a ilustracións de Leandro Lamas. No disco da semana, Ari Magritte quenta a alma co 'Caldo Espirito' de Xoel López, o 16º traballo xa do coruñés. E con Paco Lamilla inspíranos co 'High Paw' de Preassure.
2023-10-19 - 91 - Ondas indies le a carta de amor a Galicia de Pamela Rodríguez
Pamela Rodríguez chegou á Coruña hai tres anos e por fin decidiu cantar tamén en galego. A peruana fálanos de 'Meigas', a súa homenaxe ao país. Ari Magritte elixe como disco da semana o segundo traballo de Berlai e do Caixón de Xastre sacamos música con atlantinidade e hispanidade.
2023-10-12 - 90 - Ondas indies vai a clase con Mondra
No Día do Ensino, contamos con Mondra, mestre, músico, cantante e bailaor, que no verán impartía a súa primeira lección, 'Ardén'. Ari Magritte chega cos últimos sons de Pamela Rodríguez e repasamos como foi o concerto de Soleá Morente no parque de Santa Margarita.
2023-10-05 - 89 - Ondas indies sacia a sede con Triángulo de Amor Bizarro
A piques de cumprir vinte anos de música, Rodrigo Caamaño cantante, guitarra e compositor de Triángulo, e Rafa Mallo, batería, volven ao programa para presentarnos 'Sed'. Tamén está de estrea Ari Magritte, que nos propón 'Comezar de cero' e nos adianta o último de Grande Amore.
2023-09-21 - 88 - Ondas indies abre quinta temporada indo de verbena
A primeira entrevista do curso fixémola no Río Verbena Fest de Pontevedra, onde bailamos con Galician Army. Na Coruña, estivemos no bolazo de Ángel Stanich e Ari Magritte sérvenos algo do que vén, o sexto álbum de estudio de Triángulo de Amor Bizarro.
2023-09-14 - 87 - Ondas indies cae na Nunomanía de Mundo Prestigio
Mundo Prestigio contáxiannos a Nunomanía que contraeron a finais do ano anterior. Ataque Escampe atrévese coa revisión dun clásico de Ana Kiro. E Eladio Santos sae de Cazatesouros a Santiago cos Samesugas.
2023-01-19 - 86 - Ondas indies relámbese con Ronroreo
A entrevista da semana é con Jacobo Varela. coñecido artísticamente como Ronroneo, que nso amosa o seu primeiro disco, 'Autoerótica'. Eladio Santos anda aos Cazatesouros co xornalista Carlos Crespo. Escoitamos o novo de León Benavente e dos santiagueses Blanco Palamera. E na despedida facémoslle un oco aos trinta anos, trinta xa, do 'Achtung Baby' de U2.
2022-11-17 - 85 - Ondas indies acaba o verán co Détox de mariagrep
Abrimos o cuarto curso da escola indiana coa compostelá mariagrep, que trae música acabada de facer, 'Detox'. Como Disco da Semana, Ari Magritte elixe o último de Xackal. E nas novidades musicais chéganos dende A Coruña Sleepy Spice.
2022-09-22 - 84 - Ondas indies engánchase ao Velcro de Chisme
Fernando Epelde, artísticamente Chisme, adiántanos en exclusiva o seu 'Velcro'. Ari Magritte ten a The Rapants no seu Disco da Semana e Eladio dos Santos vai de Cazatesouros coa viguesa Alicia Carrera. A santiagusa mariagrep soa nas novidades da semana.
2022-06-16 - 83 - Ondas indies escoita as Histórias cativas da Ukestra do Medio
A Ukestra do Medio toca con instrumentos cativos e gusta das historias pequenas. Veñen falarnos do seu novo traballo, con oito temas, e das cousas que queren contar. No Disco da Semana, imos despegando o 'Velcro' de Fernando Epelde/Chisme. E entre as novidades, unha máis do prolífico Berto, que pide a 'Absolución'.
2022-05-27 - 82 - Ondas indies toma un descanso con Columpio Asesino
Álbaro Arizaleta, voz de El Columpio Asesino, pasa pola Radio Galega antes de visitar Galicia no Portamérica e cóntanos que, tralo cansazo que lles provoca sacar un disco, agora están a rescatar algunhas cancións que lles quedaran atrás. Ademais, imos de Cazatesouros co vigués Dj Lagartija e no U-lo Indie Marcos Vázquez lévanos aos concertos de Alice Wonder.
2022-05-26 - 81 - Ondas indies baixa ao 'underground' grazas a Audrä
Natural de Girona, betanceira de adopción, Andrea Colado vén de estrear 'All the things I keep underground', un EP que, pandemia polo medio, acabou sendo moi diferente ao que tiña previsto. No Disco da Semana Ari Magritte pon a melodía de Momboi. E no Cazatesouros Eladio Santos estivo co poeta e músico Marcos de la Fuente.
2022-05-19 - 80 - Ondas indies visita a Regueifa 2.0
O convidado da semana é Noel Feáns, músico e creador de 'A Regueifa 2.0', un espazo que funciona como taboleiro cultural e que recuperou despois dun tempo de desaparición. No Disco da Semana coñeceremos 'O Fillo de Suso' de Holgado. E polo 25 de abril, Eladio Santos estrea unha versión da mítica 'Grándola Vila Morena' de Zeca Afonso coa pontevedresa Cora Velasco.
2022-04-28 - 79 - Ondas Indies vaise de vacacións en Ornanda
Os membros de Momboi volven un ano despois ao territorio indiano, agora xa co seu primeiro lomga duración xa publicado, 'Vacacións en Ornanda'. No Disco da Semana, Ari Magritte fai soar a Devalo. E no Cazatesouros Eladio Santos atopou xunto co xormalista musical Javier Becerra un novo talento galego.
2022-04-21 - 78 - Ondas Indies loita xunto a Isius en Little Bighorn
Como os nativos fronte ao Sétimo de Cabalería, así se ve José, dos Isius, facendo unha música que eles mesmos senten minoritaria. O programa segue en Vigo co Disco da Semana de High Pow xunto ao compostelán Ortiga. E nas novidades musicais soan Familia Caamagno e Dani.
2022-04-14 - 77 - Ondas indies co Fillo do Suso
Keko Ponte preséntanos a Holgado, o seu novo proxecto musical, que dá o paso de cantar en galego en 'O fillo de Suso'. No Disco da Semana, Ari Magritte trae o power pop de Isius, onde xa non caben máis guitarras... ou si.
2022-04-07 - 76 - Ondas indies pasa o mediodía con Grampoder
'PM', explícannos Le Roi e Martin Wu, é a segunda parte do día, tamén a nova parte da vida que empeza cando chegan certas cousas. Ademais, Ari Magritte trae o 'Erosión' das carballesas Chicharrón. Nas novidades musicais soa o novo de Devalo e Berto e Eladio Santos vai de Cazatesouros co escritor e xornalista Diego Giráldez.
2022-03-31 - 75 - Ondas indies énchese de vida con Guadi Galego
No capítulo de hoxe facemos camiño cunha das referenzas do noso son, Guadi Galego, que estará presente no festival do monte do Gozo. Tamén estreamos cancións de Grampoder, Terbutalina e mariagrep. No Disco da Semana Ari Magritte analiza o novo de Denova, e Marcos Vázquez foi U-lo Indie aos concertos de Siloé na súa xira por Galicia.
2022-03-10 - 74 - Ondas indies comparte a Pava de Lucía Aldao
Lucía Aldao xa pasou a idade do pavo pero quere seguir compartindo a súa Pava e vén amosarnos o seu primeiro disco. Ari Magritte escolle a intimidade de Blanco Palamera como protagonista da semana e escoitamos o último da galega Audrä.
2022-02-24 - 73 - Ondas indies entra na Intimidade de Blanco Palamera
Manu Blanco e Xoán Domínguez abren a súa 'Intimidade', segundo longa duración que saca a parella. No disco da semana Ari Magritte trae o ERA de León Benavente e coñeceremos o novo de Ronroneo xunto a Tiraya.
2022-02-24 - 72 - Ondas indies ao rescate dos King of the Beach
Os vigueses Kings of the Beach están a 48 horas de rematar o crowfunding para recadar cartos e recupera a gravación do seu segundo disco. Ari Magritte trae un amigo como prota da semana, Nicolás Pastoriza. E outro amigo, Paco Lamilla, escarva no Caixón de Xastre cos santiagueses Battosai e con Bala.
2022-01-27 - 71 - Ondas indies despide o 2021
O resumo do ano no que destacan bandas galegas como Chicharrón, The Rapants, Peña ou Astrogirl. Tamén seguimos coas peticións de músicos que pasaron polo programa, como Ataque Escampe e Triángulo de Amor Bizarro. Paco Lamilla remexe no seu Caixón de Xastre do ano e saca a Cró! e a Mentah. E Elio dos Santos celebrará as vodas de prata do seu 'Parella de feito', feito con Tony Lomba.
2021-12-30 - 70 - Ondas indies especial de Nadal 2021
O mundo indie tamén ten espírito de Nadal: hoxe escoitaremos unha particular versión dun clásico como 'Volve o meu fogar polo Nadal' e cancións ambientadas nesta época de diferentes artistas. Varias das bandas galegas que pasaron polo programa en 2021 realizarán a súa petición dun tema que lles apetecería escoitar nestas datas. E Paco Lamilla sacará do seu Caixón de Xastre temas para vestir nestas festas.
2021-12-23 - 69 - Ondas indies entra no espazo interior de Berto
O convidado da semana é Berto Mira, que presenta o seu primeiro traballo individual despois de abandonar Os Verto. Ari Magritte adícalle o seu disco da semana a Leticia Rey e temos tempo e ganas para coñecermos os novos temas de Devalo e de Sr. Anido.
2021-12-09 - 68 - Ondas indies recupera o seu Proxecto Mourente
Abrimos decembro coa primeira visita ao programa de Carlos Valcárcel, que vén de sacar tres temas nunha nova fase do seu Proxecto Mourente. Coñeceremos novos cortes de Berto o dos Verto, agora en solitario, e o último dos Boyanka Kostova. E Paco Lamilla abre o Caixón de Xastre para facer soar dúas bandas viguesas, Norde e PurpleFly.
2021-12-02 - 67 - Ondas indies sorrí co humor serio de Columna Vegana
Columna Vegana fala do cotiá dende o barrio de Mollavao, con bromas pero moi en serio. En 2022 sacarán disco completo, tras lanzar antes hits como "Canción pop". Eladio Santos anda de Cazatasouros co xornalista Pablo Vázquez. E coñeceremos a reinterpretación dun tema de Néboa que fan a galega Antía Muíño e a portuguesa Femme Falafel. Para a despedida, saberemos máis do traballo de produción do gran Juan Pardo para o mundo do pop galego e español no día do seu 79 aniversario.
2021-11-11 - 66 - Ondas indies mergúllase no cambio de Dorian
Marc Gilli, vocalista de Dorian, é o cabeza de cartel do xoves. Ari Magritte adícalle o seu disco da semana ao compostelán Ronroneo. E coñeceremos os novos temas de Grande Amore e Javier Waterproof.
2021-11-04 - 65 - Ondas indies quita etiquetas con Sidonie
Áxel Pi pasa por Ondas Indies despois de que Sidonie volvese esgotar entradas en Vigo. U-lo indie métenos no concerto de Dani Costas e Delaporte na Coruña e animámonos co máis recente de Ángel Stanich.
2021-10-28 - 64 - Ondas indies vibra con Delaporte
Delaporte foi todo un chispazo na música electrónica. Conversamos coa súa voz, Sandra, a úns días de actuaren no Palexco. No disco da semana, Ari Magritte abre os 'Portales' de Astrogirl e inflamos o globo de Sen Senra.
2021-10-21 - 63 - Ondas indies recibe o premio de La La Love You
Celia e Roberto, dous dos membros de La La Love You, pasan pola Radio Galega para facernos a boca auga coa actuación que este grupo 'Odeón' e disco de platino vai dar en Vigo. Dende Madrid soa algo do último dos composteláns Blanca Palamera e ollamos con morriña ao 30º aniversario de 'The show must go on'.
2021-10-14 - 62 - Ondas indies acolle con frialdade cálida a Love of Lesbian
O líder de Love of Lesbian chega como convidado a unha terra, Galicia, onde di que sempre se senten moi identificados. Marcos Vázquez atopa a Catuxa Salom no Festival da Luz, abrimos o Caixón de Xastre e brindamos polos 50 anos do 'Imagine' de Lennon.
2021-10-07 - 61 - Ondas indies abre as portas do Portamérica
Poñemos o último de Pablo Lesuit e parolamos con Astrogirl do seu novo traballo antes de navegar polo Miño ata o Mumi que coorganizan na eurocidade Tui-Valença e pór rumbo a Portas, onde mañá Eladio y los seres queridos abren o Portamérica 2021.
2021-09-30 - 60 - Ondas indies vai de festivais con Ortiga
Chicho González subirá a súa alegría ao escenario de Portas, polo que tamén pasarán grandes como Deluxe, Vetusta Morla e Novedades Carminha. Antes, estamos pendentes do concerto que vai ofrecer Nada Surf en Vigo, no inicio da súa xira europea, e atopamos no camiño a Familia Caamagno.
2021-09-23 - 59 - Ondas indies conclúe un verán sen chimpos
Foi pasando o peor da pandemia e volvimos ter un verán con concertos pero con precaucións, sen poder chimpar. A banda empeza terceiro curso cun gran cartel: Eladio estrea a súa lupa de Cazatesouros, Ari trae os discos da semana, hoxe con Ortiga, e sumamos o Amor polo paranormal de Nico Pastoriza.
2021-09-16
Podcast simili a <nome>
- Global News Podcast BBC World Service
- El Partidazo de COPE COPE
- Herrera en COPE COPE
- The Dan Bongino Show Cumulus Podcast Network | Dan Bongino
- Es la Mañana de Federico esRadio
- La Noche de Dieter esRadio
- Hondelatte Raconte - Christophe Hondelatte Europe 1
- Dateline NBC NBC News
- 財經一路發 News98
- La rosa de los vientos OndaCero
- Más de uno OndaCero
- La Zanzara Radio 24
- L'Heure Du Crime RTL
- El Larguero SER Podcast
- Nadie Sabe Nada SER Podcast
- SER Historia SER Podcast
- Todo Concostrina SER Podcast
- 安住紳一郎の日曜天国 TBS RADIO
- TED Talks Daily TED
- アンガールズのジャンピン[オールナイトニッポンPODCAST] ニッポン放送
- 辛坊治郎 ズーム そこまで言うか! ニッポン放送
- 飯田浩司のOK! Cozy up! Podcast ニッポン放送
- 吳淡如人生實用商學院 吳淡如
- 武田鉄矢・今朝の三枚おろし 文化放送PodcastQR