Filtrar por género

Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

O mellor puto podcast en galego do mundo. #OutroPodcast

56 - BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb
0:00 / 0:00
1x
  • 56 - BCB 4x12 - SEPRONA de Zagreb

    Alberte e Silvio cometeron un erro bastante imperdoable: tomar un café antes de comezar este capítulo do Bueno Carallo Bueno. O Alberte máis hiperactivo enfróntase, de novo, a un concurso dos que xa son habituais no programa. Silvio conta as súas peripecias no baloncesto, tanto xogando como asistindo coma público.

    Capitulón. Estamos no Tiktok e no Youtube, que puxemos algo de orde. Coidao.

    En redes, @carallobueno

    Mon, 06 May 2024 - 55min
  • 55 - BCB 4x11 - Antetokounmpo dominicano

    Alberte e Silvio abandonan o baño de masas no Centro Galego de Barcelona para volver a facer o programa na casa. O retorno á vida ordinaria lévaos a comentar comentarios de FIDBACAsobre o episodio ao vivo e a constatar que pouco a pouco están á construir unha linguaxe propia do podcast. Como cando falan do mítico Antetokounmpo dominicano.

    Ademais, teñen tempo de escoitar unha mítica canción da autoría de Alberte e de falar dos prezos dos pisos en Ourense.


    En redes, @carallobueno


    Fri, 19 Apr 2024 - 53min
  • 54 - BCB 4x10 - Isobaras (en directo desde o Centro Galego de Barcelona)

    Alberte e Silvio dan o salto ao mundo do podcast en vivo, con público, nun lugar centenario como é o Centro Galego de Barcelona. Falaron de alopecia, da fichaxe do meteorólogo de TV3 Tomás Molina por ERC e tamén da súa chegada -de nenos- a Catalunya.

    Contaron coa presenza de dous convidados (Suso Mon, de ERGAC, e Anxo Baranga, de Furafollas) e máis tamén de dúas VIP: as súas nais!

    En redes, coma sempre, en @carallobueno.

    Sun, 07 Apr 2024 - 1h 20min
  • 53 - BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente

    Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2.

    Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá.

    En redes, en @carallobueno.

    Mon, 11 Mar 2024 - 52min
  • 52 - BCB 4x08 - A palla auditiva

    Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións.

    Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo.

    En redes, en @carallobueno.

    Mon, 19 Feb 2024 - 49min
Mostrar más episodios